Portal:Celtas/Sabías que.../Arquivo
Aparencia
Aquí están todos os Sabías que... do portal Celtas:
- ...que Dolly Pentreath (1692-1777) foi unha muller córnica coñecida por ser probabelmente a derradeira falante nativa de córnico?
- ...que os celtas seguiron a empregar carros para o combate moito tempo despois de que os romanos e os gregos os relegasen a usos cerimoniais?
- ...que Alba gu bràth é unha frase en escocés usada para expresar lealdade cara a Escocia que significa "Escocia por sempre", malia que no senso literal, gu bràth tradúcese como 'ata o xuízo'.?
- ...que existe evidencia arqueolóxica que suxire que os roles de xénero na sociedade celta puideron diferir das contrapartes clásicas contemporáneas e menos igualitarias da era romana?
- ...que os guerreiros celtas da antigüidade tiñan reputación como cazadores de cabezas dos seus inimigos?
- ...que como moitas outras culturas europeas da Idade de Ferro, os celtas practicaban o politeísmo e que os seus sacerdotes eran os druídas?
- ...que os primeiros exemplos escritos indiscutibles dunha lingua celta son as inscricións lepónticas de comezos do século VI a. C.?
- ...que se conservan preto de 400 inscricións en Ogham, un alfabeto empregado para escribir a lingua paleoirlandesa e posteriormente a lingua irlandesa antiga?
10
[editar a fonte]- ...que o torque de Porto foi atopado por casualidade probablemente no castro das Modias, no lugar das Modias, parroquia de San Martiño de Porto, concello de Cabanas?