Saltar ao contido

Portal:Gales/Lugar de interese/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Llyn Ogwen (en pronuncia inglesa /ˈlɪnˈɒɡwɛn/ ; en pronuncia galesa /ɬɪn 'ɔgʊɛn/) é un lago de orixe glaciar, con forma de cinta (ribbon lake), no noroeste de Gales.

Atópase xunto á estrada A5 entre dúas cordilleiras de Snowdonia: Carneddau e Glyderau. De forma algo infrecuente, o límite do condado nese punto está debuxado de xeito que o propio lago se atopa no condado de Gwynedd, pero toda a terra circundante (excluíndo a saída) atópase no condado de Conwy.

Llyn Ogwen atópase a unha altura duns 310 metros sobre o nivel do mar e ten unha superficie de 78 acres (320 000 m2), pero é un lago moi pouco profundo, cunha profundidade máxima de só algo máis de 3 metros. É alimentado por unha serie de regatos das ladeiras das montañas que o rodean, que inclúen Tryfan e Pen yr Ole Wen. O maior destes regatos é Afon Lloer, que nace de Ffynnon Lloer.

Llyn Ogwen é a fonte do Afon Ogwen que flúe cara ao norte para chegar ao mar preto de Bangor. Construíuse un encoro en Afon Ogwen, no Ogwen Bank, a principios do século XX, para elevar o nivel do río co fin de proporcionar auga para o seu uso na próxima canteira Penrhyn. O lago é popular entre os pescadores e dise que contén excelentes troitas.