Portal:Historia/Efemérides destacadas/11 de abril
Aparencia
- 145, nace o emperador romano Septimio Severo.
- 491, Anastasio I convértese no emperador bizantino.
- 1034, morre o emperador bizantino Romano III.
- 1241, o líder mongol Batu derrota a Béla IV na Batalla de Mohi.
- 1357, nace Xoán I, rei de Portugal.
- 1521, créase a Capitanía Xeral de Galicia, por mediación de Alonso III de Fonseca.
- 1544, o exército francés de Francisco I derrota ao do emperador Carlos I, na batalla de Cerisoles.
- 1814, asínase o tratado de Fontainebleau, que remata coa guerra da Sexta Coalición e obriga a Napoleón a abdicar por primeira vez.
- 1919, fúndase a Organización Internacional do Traballo.
- 1985, morre o líder comunista e primeiro ministro albanés Enver Hoxha.