Portal:Irlanda/Sabías que.../Arquivo
Aparencia
Aquí están todos os Sabías que... do portal Irlanda:
- ...o escudo de Irlanda está documentado como pertecente ao Rei de Irlanda xa dende o século XIII?
- ...o yola foi unha lingua xermánica que se falou en Irlanda até mediados do século XIX?
- ...a Porta de St. James en Dublín é o punto de partida tradicional en Irlanda para facer o Camiño de Santiago?
- ...o shamrock é un símbolo con marca rexistrada polo Goberno Irlandés?
- ...a bandeira de Costa do Marfil é moi semellante á bandeira de Irlanda? (só difiren na disposición invertida das cores e nas proporcións)
- ...a presidenta de Irlanda Mary Robinson foi sucedida por Mary McAleese en 1997, sendo a primeira vez no mundo que unha muller sucedeu a outra como xefa de estado dunha república?
- ...os O'Connor, descendentes dos antigos reis medievais de Connacht, son unha das dinastías reais máis antigas de Europa? (pódese rastrexar até o ano 76)
- ...o consumo de té per cápita en Irlanda é maior que o de calquera outro país do mundo?
- ...o cróquet foi inventado en Irlanda na década de 1830?
- ...Waterford é a cidade máis antiga de Irlanda? (fundouse no ano 853).
- ...os máis de 4 millóns de persoas que viven na República de Irlanda só representan a metade das persoas que posúen a cidadanía irlandesa?
- ...Eduardo Bruce, irmán de Roberto I de Escocia, foi o derradeiro Gran Rei de Irlanda?
- ...Letterkenny ten a rúa principal máis longa de Irlanda?
- ...Sir Francis Beaufort, creador da escala de Beaufort, naceu en Navan, no condado de Meath?
- ...nunha pinta de cervexa Guinness as burbullas de gas van cara abaixo?
- ...o Foyle é o río máis rápido de Europa e que o atravesa a única ponte de dous andares do continente?
- ...a casa do concello de Cork foi pagada polo Reino Unido como xesto de reconciliación durante a década de 1930 para substituír a anterior, que fora queimada polas forzas británicas durante a Guerra de Independencia irlandesa?
- ...o Dublin University Football Club (fundado en 1854) ten unha forte demanda para que sexa considerado o club de rugby máis antigo do mundo?
- ...as Forzas Aéreas de Irlanda xurdiron por mor da negociación do Tratado Angloirlandés, cando se mercou un biplano para permitir que Michael Collins puidera escapar en caso de fallar as negociacións?
- ...a cidade de Limerick foi asediada tres veces durante o século XVII?
- ...pitch and putt,, un xogo moi semellante ao golf, foi inventado en Irlanda onde aínda se segue a xogar?
- ...Newgrange é unha tumba de 5000 anos de antigüidade que foi construída de xeito que os pasadizos interiores estivesen iluminados durante o solsticio de inverno?
- ...a Segunda Batalla de Athenry foi unha das batallas máis sanguentas que aconteceron na historia de Irlanda con 10 000 mortos?
- ...toda a poboación de Baltimore, no condado de Cork, foi secuestrada por piratas alxerianos en 1631?
- ...que a diferenza do hurling, a súa versión feminina (camogie) prohíbe calquera contacto físico innecesario?
- ...o montañeiro Ger McDonnell, o primeiro irlandés en subir ao K2, levou un camán (pau de hurling) ao cumio do Everest en 2003?
- ...que, cunha taxa máxima do 12,5 %, Irlanda ten a terceira taxa máis baixa de imposto de sociedades do mundo?
10
[editar a fonte]- ...o Monumento a Wellington en Dublín é o meirande obelisco de Europa?
- ...de acordo coa xenealoxía tradicional irlandesa, todo o pobo irlandés descende do rei Mil, neto de Breogán?
- ...a tribo dos choctaw doou 170$ para paliar os efectos da Gran Fame irlandesa en 1847?