Portal:Perú/Sabías que.../Arquivo
Aparencia
Aquí están todos os Sabías que... do portal Perú:
- ...o lago Titicaca (na imaxe), que se atopa na fronteira entre Bolivia e o Perú, é o lago navegable comercialmente máis alto do mundo?
- ...Abimael Guzmán, o fundador da organización guerrilleira Sendeiro Luminoso, foi condenado a cadea perpetua por condenas de terrorismo e traizón?
- ...durante a guerra do Pacífico, o Xeneral Andrés Avelino Cáceres (na imaxe), levou a cabo unha campaña guerrilla de dous anos contra a ocupación chilena?
- ...hai evidencias de implicación peruana no secuestro dun grupo de montoneros en Lima como parte da Operación Cóndor?
- ...a vila de Ollantaytambo, que data do Imperio Inca, ten algunhas das vivendas ocupadas continuamente máis antigas de América do Sur?
- ...na lingua quechua, as oracións están marcadas por un sufixo evidenciable que indica como de certo está o falante sobre a súa afirmación?
- ...a soprano Yma Sumac converteuse nun éxito internacional polos seus méritos de rango vocal extremo?
- ...que a selección de fútbol do Perú retirouse dos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936 despois de que a súa vitoria sobre Austria fose anulada?
- ...nos Andes, as llamas (na foto) úsanse como animais de transporte, así como para a produción de fibras e carne?
- ...Francisco Pizarro dirixiu a conquista española do Imperio Inca e fundou a cidade de Lima, a capital actual do Perú?
- ...a arquitectura inca (na imaxe) é amplamente coñecida pola súa fina albanelaría, que presenta pedras cortadas con precisión?
- ...o nuevo sol, a moeda do Perú, foi introducido en xullo de 1991 cunha taxa dun millón de intis?
- ...nove perlas de ouro atopadas no sitio arqueolóxico de Jisk'a Iru Muqu (na imaxe) e datadas arredor do -2.000 son os primeiros artefactos de ouro coñecidos en América?
- ...segundo a comisión da verdade e a reconciliación, unhas 70 000 persoas morreron ou desapareceron durante o conflito armado no Perú?
- ...o ascenso do Huascarán (na imaxe), a montaña máis alta do Perú, normalmente leva entre cinco e sete días?
- ...a poboación peruana formouse pola combinación de diferentes grupos étnicos durante cinco séculos?
- ....a cidade de Cuzco (na imaxe), a antiga capital do Imperio Inca, ten o maior nivel de luz ultravioleta da Terra?
- ....arredor dun cuarto de tódolos cans sen pelo do Perú en realidade nacen con pelo?
10
[editar a fonte]- ...en 1996 o Movemento Revolucionario Túpac Amaru (na imaxe), irrumpiu na residencia do embaixador xaponés en Lima, iniciando unha crise de reféns?
- ...o xeneral arxentino José de San Martín proclamou a independencia do Perú o 28 de xullo de 1821?