Portal:Pobos indíxenas de América/Sabías que.../Arquivo
Aparencia
Aquí están todos os Sabías que... do portal Pobos indíxenas de América:
- ...que aínda que a tribo iowa de Oklahoma só ten 519 membros, crearon o primeiro e único centro de rehabilitación de aguias de Oklahoma, chamado Bah Kho-Je Xla Chi?
- ...que entre o pobo taíno do Caribe, un zemi é un espírito ou a escultura que representa o espírito?
- ...que o bloque de Cascajal, unha lousa de serpentinita da civilización olmeca, foi datada do primeiro milenio antes de Cristo e representa a forma máis antiga de escrita de toda América?
- ...que as panteras de auga eran criaturas presentes en varias mitoloxías dos nativos americanos que combinaban características dos pumas ou linces coas das cobras, e que se crían que habitaban nas partes máis profundas dos ríos ou dos lagos?
- ...que Jim Thorpe (sauk e fox), gañou as medallas de ouro nas Olimpiadas de 1912 nas disciplinas de péntatlon e décatlon?
- ...que o sacerdote luterano Henrik Lund escribiu o himno nacional de Groenlandia, Nunarput utoqqarsuanngoravit, en lingua groenlandesa?
- ...que Evo Morales foi o primeiro presidente indíxena de Bolivia e que ten ascendencia aimará?
- ...que o Brasil é o país do mundo co maior número de pobos indíxenas non contactados, con 67 tribos confirmadas pola Fundación Nacional do Indio?
- ...que a batalla de Little Bighorn foi un enfrontamento armado entre as forzas combinadas das tribos lakota, cheyenne e arapaho e o 7º Rexemento de Cabalería do Exército dos Estados Unidos e que o resultado foi unha vitoria dos nativos americanos, inspirados polas visións de Touro Sentado (Tȟatȟáŋka Íyotake)?
10
[editar a fonte]- ...que Pachamama, unha deusa adorada polos pobos indíxenas dos Andes, tamén é coñecida como a nai da Terra, do tempo e da fertilidade, que preside o cultivo e a colleita, encarna as montañas e produce os terremotos?