Praza Vermella
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
(ru) Красная площадь | ||||
Tipo | praza atracción turística | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | red (en) | |||
Parte de | Kremlin e Praça Vermelha (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Moscova, Rusia | |||
| ||||
Características | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1990 (14ª Sesión) | |||
A Praza Vermella (en ruso: Красная площадь, tr. Krásnaja plóščaď; AFI: [ˈkrasnəjə ˈploɕːətʲ]) é unha praza situada en Moscova, capital da Federación Rusa. A praza separa o Kremlin, a antiga cidadela real e actuala residencia oficial do Presidente de Rusia, dun histórico barrio de mercadores coñecido como Kitai-gorod. A Praza Vermella é a miúdo considerada a praza central de Moscova e de toda Rusia, xa que as principais rúas de Moscova, que conectan coas principais estradas do país, parten dela.
Orixe e nome
[editar | editar a fonte]O nome da Praza Vermella non provén nin pola cor dos ladrillos que o rodean (que, de feito, foron blanqueados en certos momentos da historia), nin da relación entre a cor vermella e o comunismo. O nome xurdiu porque a palabra rusa красная (Krasnaya) pode significar tanto "vermello" como "fermoso" (este último é máis ben arcaico; прекрасная, prekrasnaya). Esta palabra, co significado de "belo", aplicouse orixinalmente á Catedral de San Basilio e posteriormente foi trasladado á praza próxima. Crese que a praza adquiriu o seu nome actual (que substitúe á Pozhar, "lugar queimado") no século XVII. Varias cidades antigas rusas, como Suzdal, Yelets, e Pereslavl Zalessky, a súa praza principal chámase Krasnaya Ploshchad.
Descrición
[editar | editar a fonte]A Praza Vermella separa o Kremlin, a fortaleza real onde actualmente reside o presidente de Rusia, do barrio histórico comercial de Kitai-gorod. Dela parten as principais rúas de Moscova en todas direccións, prolongadas en autoestradas até fóra da cidade. Por iso é considerada a praza como o centro da cidade e de toda Rusia.
A zona onde está situada a praza estaba orixinariamente poboada por edificios de madeira, pero foi limpada por Iván III de Rusia, xa que eran susceptibles de arder con facilidade. A nova praza serviu como lugar para os mercados, máis tarde para cerimonias públicas e proclamacións, mesmo para coroar aos tsares.
Na praza atópanse o patíbulo, o monumento a Kuzma Minin e a Dmitry Pozharsky, ademais do mundialmente famoso sepulcro (mausoleo) de Lenin. Na parede do Kremlin están sepultas grandes figuras da Unión Soviética e relevantes militantes comunistas (como o líder Iosif Stalin, o cosmonauta Iuri Gagarin, o xornalista e escritor estadounidense John Reed, algúns altos xefes militares etc).
Historia recente
[editar | editar a fonte]O 28 de maio de 1987, o entón novo xermano-occidental Mathias Rust aterrou o seu pequeno avión Cessna en plena praza. Tivo que cumprir máis de 400 días de cárcere e ese feito tamén derivou na forzada renuncia do mariscal Sergey Sokolov, o entón ministro de defensa soviético.
En anos recentes na Praza Vermella celebráronse numerosos concertos. Realizaron actuacións alí grupos internacionais como Pink Floyd, a banda alemá Scorpions que celebrou un recital coa orquestra presidencial da Federación Rusa no aniversario da capital rusa. Ou o antigo beatle Paul McCartney.
Galería fotográfica
[editar | editar a fonte]-
A praza á noite.
-
Grandes Almacéns GUM.
-
Museo histórico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |