Saltar ao contido

Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo (coñecidos ata 1998 como Premios de relato e poesía da Universidade de Vigo e entre 1999 e 2001 como Premios de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo) son uns galardóns literarios creados no ano 1997[1] que con carácter anual distinguen tres modalidades: poesía, narrativa curta e tradución. Están organizados pola Universidade de Vigo, a través dos equipos de Normalización lingüística, a partir dun convenio de colaboración asinado entre Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a dita Universidade[2].

Na edición de 2017 fixouse un primeiro premio de 700 € e dous accésits de 250 € para cada categoría.

Modalidades

[editar | editar a fonte]

Nas modalidades de poesía e relato curto, os textos deberán ser orixinais e non publicados nin premiados en ningún outro certame, de tema libre con esta extensión: para poesía, un mínimo de 100 versos e máximo de 150; para o relato curto: mínimo de 8 folios e máximo de 12. Na modalidade de tradución literaria, integrada no ano 2002, prémianse textos traducidas dende calquera idioma ao galego, cun mínimo de 8 páxinas e un máximo de 20.[3] Nas edicións dos anos 1999, 2000 e 2001 existiu a modalidade de teatro.

ano Relato curto Poesía Tradución Teatro
1997 Tirant, de César A. López Cisneros Dez poemas de amor verdadeiro, de Ángela Eva Rei
1998 Copia e castigo, de Gonzalo José Iglesias Evanxelina Mardefondo, de José Luis Álvarez
1999 Pensión de madrugada, de Pablo Vázquez A vella e coñecida historia do mariñeiro... de Xosé Luis Álvarez A Doncela Cerva, de Rita Paredes e Fernando Pazó
2000 O home e os medios, de Daniel González Vázquez O tempo dos mirtos de Lucía Novás Garrido Un home e unha muller, de José Rosendo Cid Menor
2001 A ánfora, de Daniel González Vázquez Gallaecia, de Daniel Landesa Porras Aceite de can (de Ambrose Bierce), traducido por Moisés Barcia Rodríguez Perante o espello, de Iván Fernández Diéguez
2002 Nova fuga de Fanto Fantini, de Paula Costa González Ars Artis, de Isaac Xubín Os irmáns Corazón de León (de Astrid Lindgren), traducido por Marta Dahlgren-Thorsell e Liliana Valado Fernández O valedor do reino, de Xoán Bernárdez Vilar (Biblioteca Virtual Galega, 2002).[4]
2003 Todos estrañan a Daniel, de Robert Duif Roupa a secar ao sol, de Alba Vidal Fernández Chronica Hermirici (de varios autores), traducido por Xoán Bernárdez Vilar
2004 Globalización vs. Castañas Loureiro, de Daniel González Vázquez 8º 42'N 9º 6º W, de Isaac Xubín Os alicerces da paz (de Winston Churchill), traducido por Eva Almazán García
2005 Os reinos da conciencia, de Alberto Rodríguez Díaz Neste bosque, de Silvia Penas Estévez Meles Vulgaris (de Patrick Boyle), traducido por Isabel Arjones Porto
2006 O mellor da vida, de Alberto Comesaña Campos Os animais son universais porque non teñen retranca, de Xabier Xil Xardón As metamorfoses e os amores das pedras preciosas (de Rémy Belleau), traducido por Iván Sestay Martínez
2007 A verdade nun espello deformado, de Miguel Segador López Fun caer aquí, de Ledicia Costas Rashōmon (de Ryūnosuke Akutagawa), traducido por Gabriel Álvarez Martínez
2008 Pantasmas na taiga, de Miguel Segador López Contrapicado dobre, de Xabier Xil Xardón O Dong de nariz luminoso (de Edward Lear), traducido por Raquel Uzal Gómez
2009 A sorte está de cara, de Raquel Fernández González Talvez o infortunio, de Anxo Manuel Rodríguez Ratel Despois (de Pedro de Axular), traducido por Isaac Xubín
2010 A rúa do home abatido, de Ledicia Costas Álvarez Marés de xiz, de Xosé Daniel Costas Currás O código 11:11 (de Hilary H. Carter), traducido por Carmen Barros Rodríguez
2011 Espellos, de Virxilio Rodríguez Vázquez Dime de ti, de Xosé Daniel Costas Currás (deserto, premiados dous accésits)
2012 Navy Bar, de Xandra Táboas Martínez A cor dura da pel, de Marisol Gándara Sánchez (deserto, premiados dous accésits)
2013 Cativa, de Ana María Rodríguez González Río Miño, de Xurxo Martínez González Hanwell o Vello (de Zadie Smith), traducido por Belén Poutón Reboredo
2014 Dúas pezas de ouro, de Xurxo Martínez González Da miña terra, de Rubén Varela Borrazás A reserva dos lebrílopes (de Angela Readman), traducido por Paloma Barrera Crespo
2015 Fragmentos, de Xurxo Martínez González 15C, de Anxo Mena Rodríguez Contrarrimas (de Paul-Jean Toulet), traducido por Marta Santamaría Domínguez
2016 Cadea trófica, de Xosé Sobral Amoedo (A)fogar, de Arancha Rodríguez Fernández Presenza e outros poemas (de Mathura), traducido por Luísa Iglesias Taboada
2017 Misións, de Lidia Dosil Tajes Hadewijch, de Genaro da Silva Méndez Do que falamos cando falamos do amor (de Raymond Carver), traducido por Manuel Arca Castro
2018 K.A.R.M.A., de Francisco Javier Fernández Davila[5] As espiñas do ourizo, de Noa Rodríguez Méndez Tradución dun texto de Raymon Carver, traducido por Manuel Arca Castro [6]
2019 O tirador, de Xosé Sobral Amoeado[7] Presal, de Luís López Alonso Leite e mal (de Rupi Kaur), traducido por Gema Rocha Molina
2020
2021 O Forxán e os asteroides, de Fabio Rivas Pardo Cyberfolk, de Branca Trigo Cabaleiro O camiño imperfecto (de Xosé Luís Peixoto), traducido por Joaquín García Domínguez
2022 O cruceiro e as anguías, de Fabio Rivas Pardo Bosques, de Adriana Ribas Giadás Tradución dun texto de Christina Beck, traducido por Diego García Laranxeiro
2023 O Marcos e a conquista, de Fabio Rivas Pardo Meniña, de Natalia Otero Oubiña Tradución dun texto de Hideaki Sena, traducido por Xulia Sánchez