Presidio de San Francisco
(en) Presidio of San Francisco | ||||
Tipo | base militar (pt) xardín público barrio | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | San Francisco, Estados Unidos de América | |||
| ||||
Bañado por | Golden Gate (pt) | |||
Conéctase con | Ponte Golden Gate | |||
Características | ||||
Superficie | 2,347 mi² | |||
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos | ||||
Tipo | NRHP building | |||
Data | 15 de outubro de 1966 | |||
Identificador | 66000232 | |||
Fito histórico nacional | ||||
Data | 13 de xuño de 1962 | |||
California Historical Landmark | ||||
Data | 29 de marzo de 1933 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1 de outubro de 1994 e 1994 | |||
Actividade | ||||
Operador | Servizo Nacional de Parques Presidio Trust (en) | |||
Sitio web | presidio.gov | |||
O Presidio de San Francisco (orixinalmente en castelán, El Presidio Real de San Francisco; en inglés: Royal Presidio of San Francisco) é un parque situado no extremo norte da Península de San Francisco, en San Francisco, California, e dentro da Área de Recreo Nacional Golden Gate, (Golden Gate National Recreational Area) creada en 1972, que se estende cara ao norte e o sur da ponte Golden Gate.
Historia
[editar | editar a fonte]Historicamente foi unha zona fortificada xa que Juan Bautista de Anza en 1776 e despois José Joaquín Moraga ao servizo de Carlos III, fixo dela o centro militar para a súa expansión na zona.
Despois pasou a mans mexicanas o 10 de novembro de 1822, e aos Estados Unidos o 9 de xullo de 1846 despois da batalla de Yerba Buena.[1] Ao final da guerra, en 1848 e converteuse no cuartel xeral de varias unidades militares, sendo a base de xenerais como: William Sherman e John Pershing.
Ao longo da década de 1890, o Presidio foi o fogar do Hospital Militar de Letterman, chamado en 1911 en homenaxe a Jonathan Letterman, médico durante a Guerra civil estadounidense.
Como parte do programa de retirada militar, o Congreso votou a fin do estado militar do Presidio en 1989 e o 1 de outubro de 1994 foi transferido ao Servizo de Parques Nacionais, poñendo fin a 219 anos de uso militar para comezar unha fase mixta de uso comercial e público.[2] Fort Point, dentro do Presidio, estivo implicado en varios enfrontamentos militares no Pacífico. Foi o centro de defensa do oeste norteamericano durante a Segunda guerra mundial. Até o seu peche en 1995, foi a base militar continuamente operada máis longa dos Estados Unidos.
En 1996, o Congreso dos Estados Unidos creou o Presidio Trust para administrar os 80 % do interior do parque, sendo o Servizo de Parques Nacionais o xestor do 20 % restante.[3]
O parque caracterízase polas súas áreas amplas e frondosas, outeiros ondulados, un museo,[4] un forte de ladrillo da Guerra civil estadounidense, no que se e vistas espectaculares da ponte Golden Gate, a baía de San Francisco e o océano Pacífico. Foi recoñecido como Monumento Histórico Nacional polo Congreso en 1962.
Desde 2005, Industrial Light & Magic ten a súa sede no Letterman Digital Arts Center no Presidio de San Francisco.
Conservación
[editar | editar a fonte]Crissy Field, un campo de aviación desaparecido situado xunto ao Presidio, foi sometido a unha importante restauración e agora serve como área de recreación pública. A zona limita co porto deportivo de San Francisco ao leste e a ponte Golden Gate ao oeste. O parque conta cunha gran cantidade de edificios (uns 800 aproximadamente), moitos deles históricos. En 2004 ao redor do 50% dos edificios do parque foron restaurados e remodelados parcialmente. O Presidio de San Francisco é o único parque nacional dos Estados Unidos que ten un amplo programa de alugueiro residencial.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NPS Red Book. nr.nps.gov (en inglés)
- ↑ National Park Service retrieved 2008-12-20.
- ↑ The Presidio Trust Recuperado o 20 de decembro de 2008.
- ↑ Guía Mundial de Viajes (ed.). "San Francisco: Atracciones principales" (en castellano). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Presidio de San Francisco |
- The National Park Service's official site of the Presidio
- The Presidio Trust
- The National Park Service's official site of the Golden Gate Recreation Area
- Crissy Field Center
- An account by the builder of the Presidio
- Early History of the California Coast, a National Park Service Discover Our Shared Heritage Travel Itinerary
- The California State Military Museum, on the Letterman Army Hospital
- El Presidio Digital Media Archive
- Letterman Digital Arts Center website
- Presido Mutiny
- Fort Point and Presidio Historical Association
- Library of Congress: Americas Memory
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |