Primeiro ministro de Groenlandia
Aparencia
O primeiro ministro de Groenlandia (en groenlandés: Naalakkersuisut siulittaasuat; que quere dicir literalmente "líder do goberno")[1] é o xefe do goberno de Groenlandia, un país constituínte do Reino de Dinamarca. Polo xeral, o primeiro ministro é o líder do partido maioritario no Inatsisartut (o Parlamento de Groenlandia). Jonathan Motzfeldt converteuse no primeiro primeiro ministro despois de que en 1979 se lle concedese a autonomía a Groenlandia. Dende abril de 2021, o primeiro ministro é Múte Bourup Egede.
Lista de primeiros ministros de Groenlandia
[editar | editar a fonte]Nº | Imaxe | Nome (nado–finado) |
Goberno | Partido político | Elixido | Gabinete(s) | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tomou posesión | Fin do cargo | Tempo no cargo | ||||||
1 | Jonathan Motzfeldt (1938–2010) |
1 de maio de 1979 | 18 de marzo de 1991 | 11 anos, 321 días | Siumut | 1979 1983 1984 1987 |
Motzfeldt I–II–III–IV | |
2 | Lars-Emil Johansen (nado en 1946) |
18 de marzo de 1991 | 19 de setembro de 1997 | 6 anos, 185 días | Siumut | 1991 1995 |
Johansen | |
(1) | Jonathan Motzfeldt (1938–2010) |
19 de setembro de 1997 | 14 de decembro de 2002 | 5 anos, 86 días | Siumut | 1999 | Motzfeldt V–VI | |
3 | Hans Enoksen (nado en 1956) |
14 de decembro de 2002 | 12 de xuño de 2009 | 6 anos, 180 días | Siumut | 2002 2005 |
Enoksen I–II | |
4 | Kuupik Kleist (nado en 1958) |
12 de xuño de 2009 | 5 de abril de 2013 | 3 anos, 297 días | Inuit Ataqatigiit | 2009 | Kleist I–II | |
5 | Aleqa Hammond (nada en 1965) |
5 de abril de 2013 | 30 de setembro de 2014 | 1 ano, 178 días | Siumut | 2013 | Hammond | |
6 | Kim Kielsen (nado en 1966) |
30 de setembro de 2014 | 23 de abril de 2021 | 6 anos, 205 días | Siumut | 2014 2018 |
Kielsen I–II–III–IV–V–VI–VII–VIII | |
7 | Múte Bourup Egede (nado en 1987) |
23 de abril de 2021 | No cargo | Inuit Ataqatigiit | 2021 | Egede I–II |
Liña de tempo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Memberslof the Cabinet Arquivado 2013-01-26 en Wayback Machine. Government of Greenland