Pura González Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1874 A Coruña, España |
Morte | 30 de xaneiro de 1958 (83 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | pianista, profesora de música |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Lugrís Freire |
Fillos | Urbano Lugrís González |
Irmáns | Urbano González |
Concepción Pura González Varela, nada na Coruña o 22 de setembro de 1874 e finada na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1958, foi unha música e profesora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Secundino González Valdés e Patrocinio Varela e irmán de Urbano González. Alumna de Canuto Berea Rodríguez, ingresou na Escola Nacional de Música e Declamación de Madrid na que acadou premios en piano e harmonía. Intérprete de piano. Foi nomeada profesora de música da Escola Normal de Mestras da Coruña en 1899.[1] Deu concertos no teatro Principal da Coruña e no Círculo de Artesáns e outros locais de Santiago de Compostela. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou na Coruña o 30 de xaneiro de 1958.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Coruña con Manuel Lugrís Freire o 14 de agosto de 1902,[3] e foi nai de Manuel, Secundino, Pilar, Urbano e Purificación Lugrís González.