Saltar ao contido

Pyotr Bolotnikov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPyotr Bolotnikov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1930 Editar o valor en Wikidata
Mordovia, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de decembro de 2013 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Krasnoslobodsk, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Troyekurovskoye (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Peso64 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista, adestrador, atleta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 1965 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1964Xogos Olímpicos de 1964
1962Campeonato da Europa de Atletismo de 1962 (pt) Traducir
1960Xogos Olímpicos de 1960
1956Xogos Olímpicos de 1956 Editar o valor en Wikidata
Premios

IAAF: 14348266 Olympic.org: pyotr-bolotnikov Find a Grave: 195644024 Editar o valor en Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Roma 1960 10.000 m

Pyotr Grigorevich Bolotnikov (en ruso: Пётр Григорьевич Болотников), nado en Zinovkino (Mordovia) o 8 de marzo de 1930, é un antigo atleta soviético, un dos mellores corredores de fondo de comezos da década de 1960,[1] gañador dos 10.000 metros nos Xogos Olímpicos de Roma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pyotr Bolotnikov comezou no atletismo con só 20 anos, cando se uniu ao Exército Vermello. Preparábase na sociedade deportiva Spartak.[2]

Bolotnikov gañou o seu primeiro título nun campionato nacional nos 10 000 m en 1957, cando sorprendentemente superou o gran Vladimir Kuts na recta final por 0,2 segundos. Converteuse no dobre campión soviético en 5000 e 10 000 metros dende 1958 ata 1962. Tamén gañou o título nacional nos 10 000 m en 1964 e o título nacional na modalidade de campo a través en 1958. En 1959 recibiu o título de "Mestre Honorífico do Deporte da Unión Soviética".[2]

Bolotnikov participara xa nos Xogos Olímpicos de 1956, pero sen éxito. Nos Xogos Olímpicos de 1960 celebrados en Roma Bolotnikov controlou a carreira dos 10 000 m dende o principio até a fin, superando aos principais favoritos Hans Grodotzki de Alemaña Oriental e Murray Halberg de Nova Zelandia por 5 segundos. O 5 de outubro dese mesmo ano, en Kíiv, rebaixou o récord mundial dos 10 000 metros en case 12 segundos, 28:18.8.[3]

Xusto dúas semanas antes dos Europeos de Atletismo de 1962 en Belgrado, o 11 de agosto de 1962 en Moscova, Bolotnikov bateu o seu propio récord dos 10 000 m en 0,6 segundos, 28:18.2[3], converténdose no favorito para as probas de longa distancia destes campionatos. Gañou facilmente a carreira dos 10 000 m, aínda que sorprendentemente quedou terceiro nos 5000 m.

Logo do fracaso nos Xogos Olímpicos de 1964, decidiu retirarse do atletismo en 1965. Recibiu a Orde de Lenin en 1960.[2]

  1. Grande Enciclopedia Rusa (2005), Moscova: Bol'shaya Rossiyskaya enciklopediya Publisher, vol. 3, p. 731
  2. 2,0 2,1 2,2 Boris Khavin (1979). Todo sobre os Xogos Olímpicos, 2ª ed. (en ruso), Moscova: Fizkultura i sport, p.534.
  3. 3,0 3,1 "Atletismo - progresión do récord mundial" (PDF). Comité Olímpico Internacional. Consultado o 3 de xaneiro de 2007.