Janusz Kusociński
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1907 ![]() Varsovia, Polonia ![]() |
Morte | 21 de xuño de 1940 ![]() Palmiry, Polonia (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | execución por arma de fogo ![]() |
Lugar de sepultura | Palmiry Cemetery (en) ![]() ![]() |
Altura | 167 cm ![]() |
Peso | 72 kg ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Atletismo, carreira de longa distancia e jornalismo esportivo (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | fondista, xornalista deportivo, corredor, atleta, adestrador ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Q11799087 ![]() ![]() |
Rango militar | cabo (pt) ![]() ![]() |
Conflito | segunda guerra mundial ![]() |
Nacionalidade deportiva | Polonia ![]() |
Deporte | atletismo ![]() |
Disciplina deportiva | 5000 metros carreira de longa distancia ![]() |
Adestrado por | Aleksander Klumberg ![]() |
Participou en | |
1932 | Xogos Olímpicos de 1932 ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Polski Słownik Biograficzny ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
![]() |
Los Ángeles 1932 | 10.000 m | |
Campionato de Europa de Atletismo | |||
![]() |
Turín 1934 | 5.000 m |

Janusz Tadeusz Kusociński, nado o 15 de xaneiro de 1907 en Varsovia e finado o 21 de xuño de 1940 en Palmiry, foi un atleta polaco, gañador dos 10.000 metros nos Xogos de 1932 dos Ánxeles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun traballador do ferrocarril, Janusz Kusociński, ou Kusy o seu alcume, xogou ao fútbol en varios equipos de Varsovia no colexio. Comezou no atletismo en 1928 logo de unirse ao club deportivo "Sarmata". O seu adestrador foi o famoso decatleta estoniano Aleksander Klumberg-Kolmpere.
Na súa primeira participación nos Campionatos Nacionais de Polonia, Kusociński deu a sorpresa gañando a proba dos 5.000 m e a de cross-country. Perdeuse a seguinte tempada porque foi chamado pola Armada Polaca, pero volveu máis forte ca nunca. Gañou nos campionatos de Polonia as probas dos 1.500 m e de 5.000 m, cross-country en 1930 e 1931, e dos 800 metros en 1932.
Xusto un mes antes dos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, Kusociński marcou un novo recorde mundial nos 3.000 m (8:18.8) e despois nese mesmo ano, marcou un récord mundial non oficial nas 4 millas nun tempo de 19:02.6. Nos Xogos, Kusociński gañou unha dura batalla contra os finlandeses Volmari Iso-Hollo e Lasse Virtanen nos 10.000 m, co mellor tempo mundial da tempada (30:11.4).
Despois de rematar segundo nos primeiros Campionatos de Atletismo de Europa en Turín nos 5.000 m, Kusociński decidiu retirarse do atletismo, aínda que volveu en 1939 gañando os 10.000 m nos Campionatos Nacionais de Polonia.
Kusociński foi voluntario na Armada Polaca, logo de que fora atacada polos alemás e resultou ferido en dúas ocasións. Janusz Kusociński foi arrestado pola Gestapo o 26 de marzo de 1940 durante a AB Aktion. Foi executado tres meses despois en Palmiry preto de Varsovia.