Queen II é o segundo álbum da banda inglesa de rockQueen, publicado o 8 de marzo de 1974. Foi gravado nos Trident Studios de Londres no mes de agosto de 1973, baixo a produción de Roy Thomas Baker e Robin Cable.
As dúas caras do LP orixinal foron etiquetadas como "Side White" (cara branca) e "Side Black" (cara negra), con fotos dos membros da banda vestidos de branco ou negro en cada lado do álbum. Trátase dun álbum conceptual, coa cara branca con cancións de corte máis emocional e a negra máis fantástica, acotío con temas lixeiramente escuros. A fotografía da portada, de Mick Rock, foi usada con frecuencia pola banda a través de toda a súa carreira, destacando nos vídeos musicais das cancións "Bohemian Rhapsody" (1975) e "One Vision" (1985).
Editado cunhas críticas inicialmente variadas, Queen II segue a ser un dos álbums menos coñecidos da banda. O álbum mantivo un seguimento de culto dende a súa publicación, e gañou o eloxio de músicos como Axl Rose, Steve Vai e Billy Corgan, e é significativo por ser o primeiro disco en conter elementos do son da banda, como overdubs de varias capas, harmonía vocais e estios musicais variados.
Todos os temas do White Side (cara 1) compostos por Brian May agás "The Loser in the End", por Roger Taylor. Todos os temas do Black Side (cara 2) compostos por Freddie Mercury.