Saltar ao contido

RMS Queen Mary 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Queen Mary 2»)
RMS Queen Mary 2

O Queen Mary 2 amarrado no Peirao de Transatlánticos do Porto de Vigo en 2012.
Historial insignia civil das Bermudas
Estaleiro Alstom Chantiers de l'Atlantique, Saint-Nazaire, Francia Francia
Clase Olympic
Tipo transatlántico
Operador Cunard Line[1]
Porto de rexistro 2004-2011: Southampton
2011-presente: Hamilton Bermudas
Autorizado 6 de novembro de 2000
Posta en grella 4 de xullo de 2002
Botado 25 de setembro de 2003
Asignado 12 de xaneiro de 2004
Destino En servizo
Características xerais
Desprazamento estándar: 76 000 t (aprox.)
apc: 151 400 t de rexistro bruto
Eslora 345 m
Manga liña de flotación: 41 m
máxima:45 m nas ás da ponte
Calado 10 m
Calado aéreo 72 m
Cubertas 17
Aparello CODLAG
• 4 motores diésel Wärtsilä 16V 46C-CR
• 2 turbinas de gas GE LM2500+
• 2 pods de 21,5 MW Rolls-Royce/Alstom "Mermaid" fijos
• 2 pods de 21,5 MW Rolls-Royce/Alstom "Mermaid" acimutais; potencia = 117 MW (157 000 CV); velocidade = 30 nós (56 km/h)
Tripulación 1253 tripulantes
Capacidade 2620 pasaxeiros[2]

Esta nave pode virar 360º en 30 segundos cos seus fortes motores de empuxada frontais, e en tempos turbulentos no mar posúe 4 estabilizadores laterais que lle fornecen máis estabilidade incluso a navegar a toda marcha

O Royal Mail Ship Queen Mary 2 é un transatlántico pertencente á compañía Cunard Line.[1] Foi construído no estaleiro galo "Chantiers de l'Atlantique" en Saint-Nazaire en 2003,[2] daquela propiedade de Alstom, cun custo superior a 800 millóns de dólares estadounidenses (550 millóns de libras esterlinas). É tamén o transatlántico máis grande, máis luxoso e caro construído na historia marítima.

O Queen Mary 2 está destinado para a ruta do Atlántico Norte, mais tamén é parcialmente utilizado para cruceiros. Botouse ao mar o 12 de xaneiro de 2004. Daquela era o barco de pasaxeiros maior do mundo, até o ano 2006, cando a empresa naval Royal Caribbean International lanzou ao mar o Freedom of the Seas, que malia ser 6 metros máis curto ca o Queen Mary 2, ten 15 metros máis de manga. Dende setembro de 2009, cando o Oasis of the Seas (tamén da empresa Royal Caribbean International) terminou de ser construído, o Queen Mary 2 pasou a ser o terceiro barco de pasaxeiros máis grande do mundo, aínda que segue a ser o transatlántico máis grande do mundo xa que os dous anteriores non son transatlánticos.[3]

O Queen Mary 2 na Ría de Vigo.

Hoxe en día, a rivalidade entre as empresas navais de pasaxeiros non é contar co buque máis rápido, xa que estes non son usados máis coma un medio de transporte, senón contar co máis grande e luxoso. O Queen Mary 2 deu este título á Cunard en 2004, e foi o primeiro transatlántico que se construíu dende o Queen Elizabeth 2 de 1969.

Digno sucesor de grandes mitos da historia marítima, coma os primeiros transatlánticos de luxo alemáns de antes da primeira guerra mundial, que introduciron o concepto de hotel de luxo na navegación marítima, e transatlánticos famosos como o Titanic, o Mauretania, o Queen Mary, o Queen Elizabeth e mailo Queen Elizabeth 2; o Queen Mary 2 é 44,8 metros máis longo ca a Torre Eiffel e tres veces e medio máis ca a torre de Westminster (Big Ben). Ademais, é só 35,7 metros máis curto ca o edificio Empire State de Nova York. En decembro de 2011 cambiou o seu porto de rexistro a Hamilton, nas Bermudas.

Dende os seus comezos o Queen Mary 2 abarloou en numerosas ocasións no porto de Vigo.

  1. 1,0 1,1 QM2 en Cunard.com Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine., Consulatado o 5 de decembro de 2010
  2. 2,0 2,1 QM2 en STX Europe Arquivado 28 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Consultado o 5 de decembro de 2010
  3. "Nota de prensa da inauguración do Freedom of the Seas". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 08 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]