Río Anllo
| ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | |||
Localización | Os Currás | |||
Final | ||||
División administrativa | Galicia, España | |||
Localización | río Miño | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
Características | ||||
Altitude | 394 m | |||
Dimensións | 42 () km | |||
O río Anllo é un pequeno curso fluvial galego da provincia de Lugo, afluente do Miño, no seu curso alto e pola súa marxe dereita.
Étimo
[editar | editar a fonte]O nome pode corresponder a un étimo latino *rivu angulu, "río en ángulo"[1], posibelmente respondendo ao seu curso sinuoso, como está ben demostrado para Riaño, na provincia de León.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Anllo nace ó pé do Cordal de Neda, na xunta dos regos da Ponte Vella e de Lousas, na ponte dos Currás, no concello lugués de Abadín, co nome de rego da Xesta.[2][3][4] Nos seus primeiros quilómetros de percorrido recolle as augas de numerosos regos que baixan dende o Xistral e o Cordal de Neda, e recibe os nomes de rego de Gontán, e río Abadín.[2] Logo de atravesar a parroquia das Goás recibe definitivamente o nome de Anllo. Penetra no concello de Cospeito e divídese en dous brazos: o dereito coñécese como río Guisande e desemboca no Támoga tras bañar a lagoa de Cospeito, mentres que o Anllo continúa polo brazo esquerdo[2][4]. Máis adiante volve dividirse en dous, formando unha grande insua na parroquía de Roás.[2] Despois de atravesar as parroquias de Momán e Xermar desauga no Miño no muíño do Toural, entre os lugares de Amorín (parroquia de Triabá, Castro de Rei) e Vilaguisada (parroquia de Xermar, Cospeito).[2] O seu percorrido total é de 42 km.[3]
O Anllo é un río de réxime pluvial, consonte unha pluviosidade de tipo oceánico. A media de precipitacións da súa conca de 1.166 mm anuais. [Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Toxosoutos, Noia (A Coruña). ISBN 84-89129-97-5.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°21'12.2"N 7°27'28.3"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
- ↑ 3,0 3,1 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Anllo". Gran Enciclopedia Galega 3. El Progreso - Diario de Pontevedra. p. 42. ISBN 84-87804-05-5.
- ↑ 4,0 4,1 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 40. ISBN 978-84-8341-136-0.