Saltar ao contido

Río Curaray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Curaray
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaPastaza, Ecuador, Orellana, Ecuador (pt) Traducir, Maynas, Perú e Departamento de Loreto, Perú Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónRio Napo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°21′37″S 74°05′30″O / -2.360363, -74.091797
2°21′37″S 74°05′30″O / -2.360363, -74.091797
Afluentes
Conca hidrográficaBacía do río Amazonas Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións800 (lonxitude) km

O río Curaray (tamén chamado río Ewenguno) é un río do Perú e do leste de Ecuador. É un afluente do río Napo, o cal forma parte da bacía do Amazonas. Ten unha lonxitude de 800 km,[1] dos cales uns 414 km[2] discorren polo territorio amazónico peruano do departamento de Loreto. Nas terras ao longo do río habitan varios pobos indíxenas, como os kichwa e os huaorani. O río é o fogar de caimáns e pirañas.

O caso Palm Beach

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Operación Auca.

O río é coñecido internacionalmente polo "Caso Palm Beach". En 1956, misións evanxélicas estadounidenses construíron un campamento no banco de area que foi chamado por eles "Palm Beach", no río Curaray. Cinco misioneiros foron asasinados por membros da tribo huaorani durante a operación Auca, un intento de cristianizalos. Hoxe en día, a comunidade cristiá evanxélica huaorani emprega a miúdo o río Curaray como un sitio para bautizos.

  1. Las aguas continentales de América Latina, de R. Ziesler y G.D. Ardizzone, publicación de la FAO de 1979. Dispoñible en: http://www.fao.org/docrep/008/ad770b/AD770B06.htm.
  2. Compendio de estadísticas económicas y financieras. Fuente Instituto Geográfico nacional - Dirección de Geografía. Dispoñible en: http://www1.inei.gob.pe/biblioineipub/bancopub/Est/Lib0172/cap01/CAP01008.htm.