Río Jiloca
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Jiloca river valley (en) ![]() ![]() | |||
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Teruel, España e Provincia de Zaragoza, España ![]() | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia de Zaragoza, España ![]() | |||
Localización | Calatayud ![]() | |||
Desembocadura | Río Jalón ![]() | |||
| ||||
Afluentes | Rambla del Medio (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 126 (![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 2.957 km² ![]() | |||
O Jiloca é un río de Aragón, afluente principal do río Jalón, que desemboca no Ebro. O seu curso transcorre polas provincias de Teruel e Zaragoza e polas comarcas de Comunidade de Teruel, Jiloca, Campo de Daroca e Comunidade de Calatayud. Ten unha unha lonxitude de 126 km e drena unha cunca de 2.957 km². O seu caudal en Calatayud é de 293 hm³/ano, pero, dada a súa localización, é moi irregular cunha estiaxe moi marcada e máximos no outono e primavera.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nacemento
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d4/Ojos_de_Monreal.jpg/200px-Ojos_de_Monreal.jpg)
O río Jiloca nace na paraxe dos Ojos de Monreal del Campo. Tradicionalmente fixouse o seu nacemento no pozo artesiano da Fonte de Cella, aos pés da serra de Albarracín; pero demostrouse que este tramo ata Monreal é, en realidade, unha canle construída no século XVIII, cando se desecaron a Lagoa do Cañizar de Villarquemado e a lagoa do Cañizar de Alba. Este nacemento leva a auga pertencente a un acuífero. As súas augas están debaixo do río e polos arredores, tendo grazas a este un gran número de pozos de onde se extrae a auga para o rego dos cultivos da zona.
Curso
[editar | editar a fonte]Desde o nacemento toma dirección norte. Preto de Luco de Jiloca recibe o seu único afluente, o río Pancrudo, que nace 46 quilómetros antes na serra da Costera. A súa cunca hidrográfica é estreita e está formada por ramblas ou torrentes por onde só circula a auga dun modo ocasional. A partir da unión co Pancrudo a canle encáixase ata Daroca, onde abre un pequeno val que se aproveita para o regadío.
Desembocadura
[editar | editar a fonte]O Jiloca desemboca no río Jalón á altura de Calatayud (Zaragoza).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre o río Jiloca en Turismo de ZaragozaArquivado 30 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)