República Árabe Saharauí Democrática
الجمهورية العربية الصحراوية الديمقراطية (ar) República Árabe Saharaui Democrática (es) | |||||
Himno | Yā Banī al-Ṣaḥrāʼ (en) (1979) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Liberty, Democracy, Unity» «Свобода, демократия, единство» «Libertad, Democracia, Unidad» «الحرية والديمقراطية والوحدة» «Kemerdekaan, Demokrasi, Kesatuan» «Merdeka, Demokratik, Bersatu» «Liberté, Democratie, Unité» «Свабода, дэмакратыя, адзінства» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | O Aaiún Tifariti (2008–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 607.292 (2021) (2,28 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua árabe lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 266.000 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 27 de febreiro de 1976 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Presidente da República Árabe Saaraui Democrática (pt) | Brahim Ghali (pt) (2016–) | ||||
• Primeiro-ministro da República Árabe Saaraui Democrática (pt) | Bouchraya Hammoudi Bayoun (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Conselho Nacional Saaraui (pt) , (Escano: 53) | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Peseta saharauí | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .eh | ||||
Prefixo telefónico | +212 | ||||
A República Árabe Saharauí Democrática (RASD; árabe: الجمهورية العربية الصحراوية الديمقراطية, Al-Ŷumhūrīyyah Al-`Arabīyyah Aṣ-Ṣaḥrāwīyyah Ad-Dīmuqrāṭīyyah), é o goberno no exilio do Sáhara Occidental, proclamado pola Fronte Polisario o 27 de febreiro de 1976. O primeiro goberno da RASD formouse o 4 de marzo dese ano.
O territorio reclamado é o formado pola antiga provincia española do Sáhara Español, ocupada ilegalmente en 1976 por Marrocos e Mauritania e logo completamente anexada por Marrocos en agosto de 1979, ao retirarse Mauritania da zona que ocupaba.
A RASD está recoñecida internacionalmente por 84 Estados, aínda que este número varía dependendo da fonte. Segundo o Parlamento Europeo, a RASD foi recoñecida por 54 Estados incluíndo a Unión Africana en 2002.[1] Segundo o «portal Sahara Marroquí» 27 países recoñecían á RASD no ano 2011, pero para o Fronte Polisario eran máis de 80.[2] É un Estado membro da Unión Africana dende 1984, pero carece de representación na ONU. O primeiro estado que recoñeceu a RASD foi Madagascar.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A República Árabe Saharauí Democrática atópase situada en África do Norte, limitando cara ao norte co océano Atlántico, entre Mauritania (leste e sur) e Marrocos (norte). Limita tamén ao nordeste con Alxeria.
Atravesado polo Trópico de Cáncer, o territorio está ocupado polo deserto do Sáhara, cunha parte erg (areosa) e outra hamada (pedregosa).
Historia
[editar | editar a fonte]A primitiva poboación despregouse cara ao Sur ante o avance dos bérberes brancos (tribo Sanhaya) do norte, ao que sucedeu a penetración árabe desde o século VIII (beduínos Beni Hassan). Trala Primeira Guerra de Marrocos en 1860, España logrou o recoñecemento da liña costeira saharauí. Na Conferencia de Berlín sobre África, recoñecéuselle a España unha extensión de deserto adxacente á súa zona costeira de Río de Oro. En 1920, a colonia constituíuse no Protectorado do Río de Oro; en 1934 integrouse con Ifni na África Occidental Española, e en 1957 converteuse nunha provincia de España.
Durante as últimas décadas do século XIX e a primeira metade do XX, leváronse a cabo importantes expedicións científicas por parte de naturalistas españois: Quiroga, Bonelli, Font Sagué, Hernández-Pacheco, Morais Agacino etc. Estes investigadores foron os primeiros civís en contactar cos saharauís e en alcanzar puntos do deserto ata entón descoñecidos para os occidentais.
A súa independencia foi suscitada pola ONU a España en 1967, pero a disputa entre Mauritania, Marrocos e España polo territorio supuxo un serio obstáculo.
Tras unha marcha supostamente pacífica de miles de marroquís cara ao Sáhara planificada polo rei Hasan II, que despois se denominou Marcha Verde, iniciouse unha guerra cos poboadores autóctonos do territorio. España, ante a inestabilidade xerada coa Marcha Verde, asinou os Acordos de Madrid en novembro de 1975, polos que se constituía unha Administración Tripartita temporal no Sáhara, formada por Marrocos, Mauritania e España, cunha vixencia prevista ata o 28 de febreiro de 1976 e cuxa finalidade era a celebración dun referendo de autodeterminación no que o pobo saharauí debía decidir sobre o seu futuro. A situación de inestabilidade no territorio provocou a retirada de España o 26 de febreiro de 1976 e a autoproclamación da República Árabe Saharauí Democrática o día 27 de febreiro de 1976.
A guerra enfrontou os saharauís da Fronte Polisario, apoiados por Alxeria, contra Marrocos e Mauritania. En 1979 Mauritania renunciou á parte de territorio que reclamaba, anexionada por Marrocos unilateralmente, e asemade recoñeceu á Fronte Polisario. Desde entón, o Sáhara Occidental é un territorio administrado de facto (pero non de iure) por Marrocos, aínda que tal administración non a exerce sobre a totalidade do territorio, pois a Fronte Polisario controla o 35% do mesmo, ao leste do muro que Marrocos construíu como defensa ante as eficaces guerrillas do Movemento de Liberación Nacional Saharauí. A Constitución foi revisada en 1991 e 1995. En 1999, a RASD aprobou unha nova Constitución.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rapport de la Présidente de la délégation ad hoc Sahara occidental, Catherine Lalumière, vice-présidente du Parlement européen, 2002, lire en ligne
- ↑ Cronología con los hechos más relevantes, los logros diplomáticos y los reconocimientos de la RASD durante estos 38 años Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. Sahara Press Service (SPS).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: República Árabe Saharauí Democrática |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: República Árabe Saharauí Democrática |
- Páxina oficial da R.A.S.D. (en castelán) (en árabe)
- Páxina oficial do Ministerio de Cultura da R.A.S.D.arquivado dende o orixinalArquivado 07 de abril de 2012 en Wayback Machine. o 7 de abril de 2012 (en castelán)
- Páxina oficial d Ministerio de Saude
- Páxina oficial do Ministerio de Desenvolvemento Económico (Español, Árabe)
- Sahara Press Service Axencia de noticias oficial da R.A.S.D. (Árabe, Español, Francés e Inglés)
- Sitio de noticias e arquivo documental de organización de apoio á R.A.S.D. (Árabe, Español, Francés e Inglés)
- R.A.S.D. Televisión (Español, Árabe)
- Emisións da R.A.S.D por satélite
- Radio Nacional da R.A.S.D. (Español, Árabe)
- Yalah! Sahara en loita Documental de 30' sobre a loita saharauí e o día a día deste pobo. (2009)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |