Rafael Melero
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1918 ![]() Tomiño, España ![]() |
Morte | 21 de outubro de 1962 ![]() O Carballiño, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta, pintor ![]() |
![]() ![]() |
Rafael Melero Granja, nado en Tomiño o 22 de novembro de 1918 e finado no Carballiño o 21 de outubro de 1962, foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Tomiño, pasou a súa infancia en Pontevedra e viviu en Ourense. Tras ser mobilizado por mor da guerra civil, completou os seus estudos de profesorado mercantil e accedeu por oposición ao funcionariado do Banco de España, primeiramente en Pontevedra, e dende 1955 como secretario do Banco de España en Salamanca. En 1947 casou con Josefa Peña Nogueiras no Carballiño e tivo dous fillos. Nesta vila pasaba longas tempadas de verán onde desenvolvía a súa produción literaria. Publicou 6 libros e foi premio de poesía "Marina" en 1958 con La voz en el tiempo.
Ademais de poeta, foi un notable pintor, e colaborou activamente publicando numerosos artigos en diferentes medios sobre poesía e pintura do seu momento.
Destacar as súas colaboracións no xornal vespertino compostelán La Noche, o xornal Diario de Pontevedra, a revista palentina de poesía e crítica Rocamador , a revista cultural abulense El Cobaya, a revista conquense El molino de papel. Pliegos de poesía, a colección antololóxica de poetas de lingua portuguesa e española Panorámica poética lusohispánica, ou a Revista de Poesía Americana Caballo de Fuego.
Mantivo contacto con Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre, Gabriel Celaya, Blas de Otero, Ramón de Garciasol, Vicente Risco, Trébolle Díaz, Aquilino Iglesia Alvariño e outros poetas e pintores da década dos 60.
Esta intensa actividade cultural viuse bruscamente interrompida pola súa morte por cancro aos 43 anos. Faleceu no Carballiño o 21 de outubro de 1962,[1] e foi soterrado no cemiterio parroquial de Señorín.
Obras
[editar | editar a fonte]- Tarde roja, 1958.
- La voz en el tiempo, 1959.
- Alba del viento, 1959.
- Mundo inmediato, 1960.
- Contrapunto en tres tiempos, 1961.
- Furia de raíces, 1963.
- Poesía inédita, 2024.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Noche, 22-10-1962, p. 2.