Raiba
Raiba | |
---|---|
"Fartos" | |
Orixe | Portas[1], ![]() |
Período | 2009 - actualidade |
Xénero(s) | Hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Gz Rock |
Membros | Xavi Castro "Xavinho" Fran J. Castro F. Bernardini Borxa |
Antigos membros | Buceta (baixo 2009-15) |
Na rede | |
www |
Raiba é un grupo de música rock en galego creado en 2009 en Portas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O grupo creouse tras a unión de Buceta (baixo), Fran (guitarra) e F. Bernardini (batería) e Xavinho (voz), quen fora o primeiro vocalista de NAO. O grupo comezou influenciado polo rap metal dos anos 90 e o nu metal, ademais de toques electrónicos, para máis adiante evolucionar cara a estilos máis próximos ao hardcore punk.
A banda deuse a coñecer no Correlingua 2010 co videoclip "FOGAR" no que involucraron a máis de 20 vocalistas de Galiza como Yosi Domínguez, Bocixa, Xurxo Souto, O Leo i Arremecághona!, Tonhito de Poi, Javi Maneiro, Vituco Neira, Aid, Cody MC, Chechu (Aphonnic), Martiño (Machina), Markos (Trashnos) ou Thais (Ith).[2]
Editaron o seu primeiro disco, Por vivir, en 2011. En 2014 lanzaron unha campaña de mecenado para a edición do seu segundo disco, Versos da revolta,[3] gravado en Braga, e que contou coa colaboración do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.[4]
En 2016 gravaron o seu terceiro disco, Historias na pel, que presentaron na Sala Capitol o día das Letras Galegas, no festival Terar de Lobos.[5] O grupo colgou o disco na súa web para ser descargado de balde.
En 2017 quedaron finalistas nos Premios Martín Codax da Música[6], participaron no Festigal[7] e presentaron o seu cuarto álbum, Marxinación, tamén financiado por mecenado.[8]
Membros
[editar | editar a fonte]- Xavi Castro, "Xavinho" - Voz
- Borxa - Baixo
- F. Bernardini – Batería
- Fran J. Castro - Guitarra
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Por vivir | 2011 | autoeditado |
Versos de revolta | 2014 | autoeditado |
Historias na pel | 2016 | autoeditado |
Marxinación | 2017 | autoeditado |
- Marxinación (2017)[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Concierto de Raiba en Baños de Molgas (en castelán)
- ↑ "Correlingua 2010". Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "O grupo de rock Raiba pide axuda para editar o seu novo disco". La Voz de Galicia. 29 de maio de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "Raiba: Versos de Revolta". [[[Sermos Galiza]]. 3 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "Terra de lobos, un festival para reivindicar a música en galego". Sermos Galiza. 18 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "Xoel López, Uxía, Agoraphobia, Raiba y The Lakazans, finalistas a los Martín Códax da Música". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de abril de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "Guadi Galego, Nao e Raiba encabezan o cartel do Festigal". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xuño de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "Un dos referentes do metal en galego busca axuda para novo disco". Galicia Confidencial. 29 de abril de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "Discografía de Raiba". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 03 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do grupo Arquivado 06 de maio de 2017 en Wayback Machine.