Saltar ao contido

O Leo i Arremecághona!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Leo i Arremecághona!!!
OrixeMatamá (Vigo), Galicia Galicia
Período1997-
Xénero(s)Punk
Selo(s) discográfico(s)A Regueifa Plataforma
MembrosLeonardo Fernández Campos
Na rede
https://arremecaghona.bandcamp.com/
MySpace: arremecaghona Bandcamp: arremecaghona Editar o valor en Wikidata

O Leo i Arremecághona!!! é o nome do proxecto musical como cantautor punk de Leonardo Fernández Campos, O Leo de Matamá, nado en Matamá en 1974, un artista polifacético, filólogo e poeta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Entrevista en Nós Televisión

A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuídas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.

O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta de Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para interpretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.

No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon "Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo).

No 2009 colaborou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras", celebrado o Día das Letras Galegas en Santiago de Compostela.

Formou parte doutros proxectos musicais como Labregos do tempo dos Sputniks (xunto a García MC de Dios ke te crew), Das Kapital (xunto a Daniel Salgado e Marcos Payno) ou Ondas Martenot (xunto a Antón Díaz, Fran Amil e Cris Asenjo).

O Leo en concerto, 2013.

No outono de 2007 Edicións Xerais editou o seu libro de poesía Hai cu, baseado no blog homónimo. As presentacións, nese mesmo ano, baseáronse nun espectáculo chamado "Espectáculo Multimerda", semellante ao monólogo humorístico onde se ían recitando os distintos poemas. Tamén ao longo do 2007 acompañou musicalmente á presentación do libro de Anxo Angueira Fóra do sagrado por distintas cidades de Galiza.

Obra literaria

[editar | editar a fonte]
Caricatura do Leo.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]