Ramón Calviño Salazar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1904 Meaño, España |
Morte | 1984 (79/80 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político |
Familia | |
Fillos | Manuel Calviño Cobas |
Ramón Antonio Calviño Salazar, nado en Meaño o 27 de abril de 1904 e finado en Vigo en 1984, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Calviño Cobas e Esperanza Salazar de Lis, donos do pazo de Lis.[1] Orfo de pai aos 14 anos, marchou a Cuba e despois á Arxentina en 1929.[2] Retornou e foi funcionario municipal do Concello de Meaño, e correspondente de El Pueblo Gallego en Meaño.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu co seu cuñado Virgilio Trabazo Serapio na madrugada do 19 de xullo á Coruña, onde embarcaron para Buenos Aires.[4] Anos despois logrou levar á muller e o fillo ao exilio arxentino. Ramón dedicouse ao transporte público de viaxeiros. Retornaron a Galicia nos anos sesenta.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Cuntis con Camila Carballo Blanco en 1935,[5] e foi pai de Ramón Calviño Carballo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El reparto del edificio permitió la venta de una parte al Concello y que hoy se dedique a museo
- ↑ Passenger list of the ship ALCANTARA arriving to Buenos Aires on Feb 02, 1929
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-11-1935, p. 12.
- ↑ El gabán acribillado del maestro Víctor Trabazo
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-10-1935, p. 13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ramón Calviño Carballo. "Siempre quise ser médico"". A saúde de Galicia (8): 28–35. 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2022. Consultado o 04 de novembro de 2022.