Virgilio Trabazo Serapio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1901 ![]() Meaño, España ![]() |
Morte | febreiro de 1973 ![]() valor descoñecido ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Víctor Trabazo Serapio ![]() |
![]() |
Virgilio Trabazo Serapio de Figueroa, nado en Meaño o 14 de xuño de 1901 e finado en febreiro de 1973, foi un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi axudante de clases prácticas da Facultade de Ciencias desa Universidade.[1] Foi nomeado catedrático auxiliar de Ciencias do Instituto de Tortosa en 1928.[2] En 1932 foi nomeado catedrático de Agricultura do Instituto de Lugo,[3] pasando en 1934 a desempeñar o mesmo posto no Instituto de Vigo.[4] Foi proclamado candidato por Acción Republicana para as eleccións de novembro de 1933,[5] integrouse despois en Izquierda Republicana, sendo elixido tesoureiro do Consello Provincial de IR de Lugo en abril de 1934,[6] e secretario local do partido en Vigo en xaneiro de 1936.[7] Foi presidente do Ateneo de Vigo,[8] e vocal do Comité Pro-Autonomía de Vigo.[9]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu co seu cuñado Ramón Calviño Salazar na madrugada do 19 de xullo á Coruña, onde embarcaron para Buenos Aires.[10] Foi depurado, sendo separado do servizo e baixa na escala,[11] e abríronlle expediente por responsabilidades políticas en 1939.[12] En 1941 logrou levar á muller e os fillos á Arxentina, onde viviu e traballou durante case 16 anos. Regresou a España logo de que as autoridades educativas franquistas lle conmutaran a sanción de separación definitiva por traslado forzoso fóra de Galicia durante cinco anos e inhabilitación para exercer cargos directivos e de confianza. Foi profesor dos institutos de Oviedo, Ourense e Pontevedra, do que tomou posesión en xullo de 1958.[13]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Meaño en 1928 con Ángeles Calviño Salazar,[14] filla de Manuel Calviño Cobas e Esperanza Salazar de Lis, donos do pazo de Lis,[15] e foi pai de Virgilio, Marcial, Manuel, Maria de los Ángeles e Ángel Rafael Trabazo Calviño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Ideal Gallego, 13-2-1927, p. 5.
- ↑ El Progreso, 5-9-1928, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 17-9-1932, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-9-1934, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 14.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-4-1934, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-1-1936, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-3-1936, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-6-1936, p. 2.
- ↑ El gabán acribillado del maestro Víctor Trabazo
- ↑ BOE, 27-2-1937
- ↑ El Compostelano, 29-11-1939, p. 2.
- ↑ La Noche, 4-7-1958, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-9-1928, p. 13.
- ↑ El reparto del edificio permitió la venta de una parte al Concello y que hoy se dedique a museo