Víctor Trabazo Serapio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1896 Meaño, España |
Morte | 1936 (39/40 anos) valor descoñecido |
Causa da morte | paseo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Irmáns | Virgilio Trabazo Serapio |
Víctor Trabazo Serapio de Figueroa, nado en Meaño o 23 de marzo de 1896[1] e finado en 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre, foi responsable da escola infantil da confraría da Illa de Arousa dende 1926.[2] En 1927 foi destinado á escola de Covas (Montederramo).[3] Dende 1929 foi mestre na escola de Xil en Meaño. Foi elixido presidente do Centro Republicano de Meaño en febreiro de 1931.[4] Militante do PSOE e da UGT, foi secretario do Centro Socialista de Meaño. Foi militante da Asociación de Traballadores do Ensino de Vigo. Alcalde de Meaño. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa dun amigo da familia na Arousa. Topárono e foi detido. Paseado, o seu cadáver nunca apareceu.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Casilda Nine Fernández, irmá de Segundo Nine Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fajardo, Montse. "A herdanza que nunca roubou o fascismo". Nós, 10-1-2020, p. 26.
- Salgado, Fernando; Otero, Juan (2022). Papel de estraza. Concello da Illa de Arousa. ISBN 978-84-940825-4-2.