Ramón Trigo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escultor, ilustrador, pintor, escritor |
Familia | |
Fillos | Branca Trigo Cabaleiro |
Ramón Alberto Trigo Alonso, coñecido como Ramón Trigo, nado en Vigo en 1965, é un escritor, artista plástico (pintura, escultura...) e ilustrador galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De formación artística autodidacta, con dezaoito anos os seus cómics xa se publicaban no Faro de Vigo, en 1984 participa na súa primeira mostra colectiva de cómic na Universidade Popular de Vigo e a súa primeira exposición individual foi na Casa da Cultura de Vigo en 1990. Realizou exposicións individuais de pintura en Vigo, Nigrán, Ferrol, Valdoviño, Noia, Madrid, Santiago, Lanzarote, Bruxelas, Cuenca, A Coruña, Coimbra, Italia etc. E tamén participou en numerosas exposicións colectivas en España e Portugal.[2] [3] En 2022 levou a súa experiencia creativa a Nixeria a través da Embaixada de España.[4]
É un artista polifacético, alterna a pintura e a escultura coa ilustración, o cómic, a animación… Traballa moito o debuxo e a pintura, interesándose sobre todo pola figura humana (espidos), a paisaxe (mariñas) e o bodegón. Ten nove obras na Colección Afundación.[2]
En 2014 queimáronlle unha ducia de cadros.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Casa vacía (2005). Madrid: Anaya. 32 páxs. ISBN 9788466747226.
- Las bombillas que se encienden y se apagan (2005). Pontevedra: Faktoría K de libros. 40 páxs. ISBN 9788493464110.
- Yo vivía en el fin del mundo (2007). Edelvives. 26 páxs. ISBN 9788426364913.
- O burato do inferno (2010). Con José Manuel Trigo Alonso. Pontevedra: Faktoria K de Libros. ISBN 9788496957633.
- Leviatán (2014). Pontevedra: Kalandraka. Castelán: ISBN 978-84-15250-81-4. Galego: ISBN 978-84-15250-82-1.
- Labirinto (2024). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 9788413433189. Unha viaxe ao corazón da África.[6]
- Laberinto. Diario de viaje de un artista monocromo (2024). Pontevedra: Kalandraka. 40 páxs. ISBN 978-84-1343-319-6.
Ilustrador
[editar | editar a fonte]- As Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio (1996). Bernardino Graña. Xerais.
- O pirata pata de lata, de Oli (1998). Kalandraka.
- O Calasas, o Coruxas e a pantasma, de Stephen Ryan Oliver (1998). Ir Indo.
- O calcetín amarelo, de María Dolores Rial (1999). Ir Indo
- Bua, bua, requetebua, de An Alfaya (1999). Ir Indo.
- Capitán inverno, de Ramiro Fonte (1999). Xerais.
- Aníval quere encoller, de Oli (1999). Xerais.
- Manu, de Irene Pérez Pintos (2001). Kalandraka.
- Nada no país dos números, de Xosé A. Perozo (2001). Ir Indo.
- Santos e defuntos, de Gonzalo Navaza (2001). Xerais.
- O saber do pobo, de Calixto Alban Laxe (2003). Xerais.
- Nun lugar chamado labirinto, de Ánxela Gracián (2005). Tambre..
- A flor da auga, de Xosé Miranda e Antonio Reigosa (2006). Xerais.
- La cosa negra que pasó por mi ventana, de Blanca Trigo (2007). Lóguez.
- Historias de los niños sobrenaturales, de Luis Bleinstein (2007). Ponent.
- A nena pálida, de Xosé Miranda (2007). Tambre.
- O canto dos peixes, de Marcos Calveiro (2008). Ediciones SM.
- El monstruo, de Daniel Martín (2008). Lóguez.
- Tres blues e un rap, de VV.AA (2008). Galix
- A ánfora exipcia, de An Alfaya (2009). Tambre.
- O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro (2010). Xerais.
- La calavera del indio, de Marcos Calveiro (2010). Edelvives.
- El camino de Levante, de Marcos Calveiro (2010). Edelvives
- O burato do inferno, Guión Jose Trigo (2010). Faktoría K.
- Miguel Hernández 25 poemas ilustrados (2010). Kalandraka.
- La cofradía de los locos, de Marcos Calveiro (2011). Edelvives.
- La corte de los prodigios, de Marcos Calveiro (2011). Edelvives.
- Palabras de auga, de Marcos Calveiro (2012). Edicions Xerais
- As carriolas do mencer, de Rafael Fernández Lorenzo (2013). Ir Indo.
- A vontade homérica Antoloxia poetica de Eduardo Pondal (2013). Tambre.
- O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha, de Irene e Rodrigo Pérez Pintos (2014). Edicións Xerais.
- O rato avó e o muraño, de Oli (2015). Edicions Xerais.
- Lobada. Guión: José Trigo. (2015). Deputación da Coruña.
- Ricardo Mella. El hombre nuevo. Guión: José Trigo. (2018). Liberaco.
- O puño e a letra de Yolanda Castaño (2018). Edicións Xerais.
- Kartoffel Guión: Jose Trigo (2020). Liberaco.
- Diccionario irreal para un país imposible, de (2020). Xavier Seoane. Edicións Xerais.
- El mecanismo de las mareas, de Alfonso Armada (2021). Fundación Huerta de san Antonio.
- Coñecemento do medo, de Branca Trigo (2021). Edicións Malafera.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2015: Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado 2014 Asociación Galega de Editores.[7]
- 2012: Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado, Oepli.[8]
- 2012: Premio Fervenzas Literarias a Mellor Portada de Infantil e Xuvenil por Palabras de auga.
- 2011: Lista internacional White Ravens por O pintor do sombreiro de Malvas de Marcos Calveiro
- 2007: Premio internacional de album infantil ilustrado por Cabildo de Gran Canaria.
- 2006: Lista internacional White Ravens por Nun lugar chamado labirinto de Ánxela Gracián.
- 2005: Premio de Album Infantil Ilustrado “Ciudad de Alicante”.
- 2004: Segundo premio de pintura “Eixo Atlántico”. Porto (Portugal).
- 1998: Premio de Comic Diputación de Cuenca.
- 1994: Premio de pintura “Ademar Champagnat”. Vigo.
- 1994: Premio de carteis “Entroido 94”. Vigo.
- 1990: Terceiro premio de pintura ”Concello de Vilagarcía".
- 1990: Segundo premio de pintura “Concello de Tui”. 1990
- 1989: Premio “Arte Xoven Galego”. Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramon Trigo - Biografía y mejores libros". La Vanguardia (en castelán). 2024-07-12. Consultado o 2024-08-07.
- ↑ 2,0 2,1 "RAMÓN TRIGO - Afundación". www.afundacion.org. Consultado o 2024-08-07.
- ↑ info@undanet.com. "Lóguez Ediciones". www.loguezediciones.es (en castelán). Consultado o 2024-08-07.
- ↑ "La obra del vigués Ramón Trigo tiende un puente con África". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-06-14. Consultado o 2024-08-07.
- ↑ mauleón, a (2014-06-06). "Ramón Trigo renace de las cenizas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-08-07.
- ↑ "Laberinto. Diario de viaje de un artista monocromo". kalandraka.com (en castelán). Consultado o 2024-08-07.
- ↑ "«Me gustaría ser gaviero»". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-11-27. Consultado o 2024-08-07.
- ↑ Manuel, Jose (luns, 26 de novembro de 2012). "BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL: RAMÓN TRIGO Y DIEGO ARBOLEDA PREMIOS LAZARILLO 2012". BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL. Consultado o 2024-08-07.