Saltar ao contido

Bugallón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ranunculus flammula»)

O bugallón[1] ou flámula[1] (Ranunculus flammula) é unha especie da familia das ranunculáceas.

Ilustración
Vista da planta

Descrición

[editar | editar a fonte]

Erecta ou rastreira, perenne, bastante carnosa, de 10–50 cm, con follas ovadas e amplas, lanceoladas, e unha ou varias flores amarelas de 7–20 mm de diámetro. 5 sépalos, amarelo averdados; 5 pétalos obovados, amarelo brillante pálido. A maioría das follas de arriba sen pecíolos, as de abaixo pecioladas, todas enteiras ou dentadas. Florea na primavera e no verán.[2]

Brañas, prados moi húmidos, lameiros, turbeiras.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Toda Europa, agás Turquía e Albania.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Ranunculus flammula foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 548. 1753.[3]

Citoloxía

Números cromosomáticos de Ranunculus flammula (Fam. Ranunculaceae) e taxons infraespecificos: n=16[4][5]

Etimoloxía

Ranunculus: nome xenérico que provén do latín serodio que significa "ranciña", de "ra" e un diminutivo final. Isto probabelmente refírese a moitas especies que se atopan preto da auga, como as ras.

flammula: epíteto latino que significa "flámula", "pequena lapa".[6]

Variedades
  • Ranunculus flammula var. flammula
  • Ranunculus flammula var. ovalis (J.M.Bigelow) L.D.Benson
  • Ranunculus flammula subsp. scoticus (E.S.Marshall) Clapham
Sinonimia
  • Flammula ranunculus Fourr.
var. flammula
  • Ranunculus flammula var. angustifolius Wallr.
var. ovalis (J.M. Bigelow) L.D. Benson
  • Ranunculus filiformis var. ovalis J.M. Bigelow
  • Ranunculus flammula var. samolifolius (Greene) L.D. Benson
  • Ranunculus reptans var. ovalis (J.M. Bigelow) Torr. & A. Gray
  • Ranunculus reptans var. samolifolius (Greene) L.D. Benson
  • Ranunculus samolifolius Greene
subsp. scoticus (E.S.Marshall) Clapham
  • Ranunculus scoticus E.S.Marshall[7]
  • Bugallón, flámula, centella, herba do pobre, herba dos esmoleiros, herba dos humeros, lanzoa, lenzoá[8].

O nome bugallón pode referirse ás especies de ranúnculos: Ranunculus acris e Ranunculus repens.

  1. 1,0 1,1 Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. Guía fotográfica de las Flores Silvestres de España y de Europa. Barcelona:Omega. ISBN 84-282-0857-3. 
  3. "Bugallón". 
  4. Estudo citotaxonómico do xénero Ranunculus L. sect.
  5. Castroviejo, S., Aedo, C., Cirujano, S., Laínz, M., Montserrat, P., Morales, R., Muñoz Garmendia, F., Navarro, C., Paiva, J. & Soriano, C., ed. (1993). "R. flammula L., Sp. Pl.: 548 (1753)". Flora ibérica I. Real Jardín Botánico, CSIC. p. 310. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de marzo de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  6. En Epítetos Botánicos
  7. Ranunculus flammula
  8. Nomes vulgares galegos en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cody, W. J. 1996. Fl. Yukon Terr. i–xvii, 1–669. NRC Research Press, Ottawa.
  • Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., NovaYork.
  • Flora of North America Editorial Committee, e. 1997. Magnoliidae and Hamamelidae. 3: i–xxiii, 1–590. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  • Great Plains Flora Association. 1986. Fl. Great Plains i–vii, 1–1392. University Press of Kansas, Lawrence.
  • Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley.
  • Hitchcock, C. H., A. J. Cronquist, F. M. Ownbey & J. W. Thompson. 1984. Salicaceae to Saxifragaceae. Part II: 1–597. In Vasc. Pl. Pacif. N.W.. University of Washington Press, Seattle.
  • Porsild, A. E. & W. Cody. 1980. Vasc. Pl. Continental Northw. Terr. Canada i–viii, 1–607. National Museum of Natural Sciences, Ottawa.
  • Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
  • Welsh, S. L. 1974. Anderson's Fl. Alaska Adj. Parts Canada i–xvi, 1–724. Brigham Young University Press, Provo.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]