República dos Tuva
Тыва Республика (tyv) ![]() | |||||
Himno | Tooruktug Dolgay Tangdym (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia ![]() | ||||
Capital | Kyzyl (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 337.524 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua tuvaniana ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 170.500 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 24 de maio de 1991 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Lista (pt) ![]() ![]() | Sholban Kara-ool (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Great Khural of Tuva (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | RU-TY ![]() | ||||
Identificador OKTMO | 93000000 ![]() | ||||
Identificador OKATO | 93 ![]() | ||||
Sitio web | rtyva.ru ![]() |
A República dos Tuva[1][2] (ruso: Республика Тыва; tuva: Тыва Республика), ou Tuva (Тува́), é unha república rusa. Está localizada no centro xeográfico de Asia, no sur de Siberia. A súa capital é a cidade de Kyzyl. Segundo o censo de 2010 ten unha poboación de 307.930 habitantes.
Cultura
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/38/Wrestling_competition_in_Tos_Bulak.jpg/220px-Wrestling_competition_in_Tos_Bulak.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/85/Yurt_in_Tos_Bulak.jpg/220px-Yurt_in_Tos_Bulak.jpg)
O pobo tuva é famoso polo seu canto de gorxa ou Xöömej. Khuresh, a forma tuva de loita, é un deporte moi popular. As competicións desta disciplina celébranse anualmente no festival Naadym de Tos-Bulak.
Sainkho Namtchylak é unha das poucas cantantes de Tuva cun recoñecemento internacional. Está moi involucrada na cultura tuva, e cada ano convida a artistas occidentais a actuar en Kyzyl e que descubran o país, a súa cultura e a súa música. Kongar-ool Ondar tamén ten un certo recoñecemento no mundo occidental, en gran medida por aparecer en Genghis Blues xunto co cantante Paul Pena. Huun-Huur-Tu é outro dos expoñentes da música de Tuva da década de 1990, e Alash acadou a fama na década do 2000.
A lingua tuva pertence á familia turca, malia que moitas palabras proceden do mongol. Escríbese no alfabeto cirílico modificado, mais no pasado empregáronse runas turcas, a escrita mongol e o alfabeto latino.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de tuva no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ «Tuva, República de». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2101. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da República dos TuvaArquivado 12 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en ruso)
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |