Saltar ao contido

Riccardo Ferri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRiccardo Ferri
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Crema, Italia Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Peso77 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1996) Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1981–1994   Inter de Milán 290(6)
1994–1996 UC Sampdoria 36(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1981–1981   Italia sub-20
1982–1986   Italia sub-21 22(0)
1986–1992   Italia 45(4)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
A.C. Pavia 1911 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1990Mundial de Fútbol Italia 1990
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor en Wikidata
Premios

FIFA: 174539 UEFA: 93 Editar o valor en Wikidata

Riccardo Ferri, nado en Crema o 20 de agosto de 1963, é un exfutbolista italiano, que xogaba como defensa. Considerado como un dos mellores defensas da súa xeración,[1][2] pasou a maior parte da súa carreira nas filas do Inter de Milán, co que xogou 418 partidos, gañando un campionato de Serie A, unha Copa de Italia, unha Supercopa de Italia e dúas Copas da UEFA. O seu segundo e derradeiro equipo foi a Sampdoria, na que militou dúas tempadas antes da súa retirada en 1996.

Entre 1986 e 1992 sumou 45 partidos e 4 goles coa selección italiana, coa que participou na Eurocopa de 1988 e no Mundial de 1990, rematando neste último no terceiro lugar. Ademais participou nos Xogos Olímpicos de 1984, onde acadou as semifinais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Castelnuovo, no municipio de Crema. Tras xogar no Capralbese, en 1977 ingresou na canteira do Inter de Milán. O 11 de outubro de 1981, aos 18 anos, debutou co primeiro equipo na Serie A, ante o Cesena. Dous anos despois era titular e vestiu a camisola nerazzurra ata 1994, durante un total de 13 tempadas. Viviu os seus mellores anos baixo a dirección de Giovanni Trapattoni,[3] co que gañou o histórico scudetto da tempada 1988/89, no que o equipo bateu varios récords, así como a Supercopa de Italia en 1989 e a Copa da UEFA 1990/91, superando na final á Roma. Na tempada 1993/94 gañou unha segunda Copa da UEFA, derrotando na final ao Salzburgo. Disputou un total de 418 partidos coa camisola do Inter e anotou 8 goles.[4]

En 1994 foi traspasado á Sampdoria xunto co seu compañeiro Walter Zenga, como parte do acordo que levou a Gianluca Pagliuca a Milán.[5] Militou dúas tempadas co club xenovés, retirándose en 1996.

É xunto a Franco Baresi o futbolista con máis goles en propia porta na historia da Serie A, con 8, ata o punto de ser mencionado na canción "A che ora è la fine del mondo?" de Luciano Ligabue. Un dos seus autogoles anotouno nun derbi ante o Milan en 1987, que rematou 1-0 a favor dos rossoneri.[6]

Selección italiana

[editar | editar a fonte]

Participou coa selección italiana sub-21 en dúas Eurocopas sub-21, nas edicións de 1984 e 1986, perdendo esta última na final ante España. Disputou os Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles, baixo a batuta do seleccionador Enzo Bearzot, caendo en semifinais fronte ao Brasil.

Foi convocado por primeira vez para a selección absoluta por Azeglio Vicini, debutando o 6 de decembro de 1986, ante Malta, partido no que marcou o seu primeiro gol como internacional. Foi titular na Eurocopa de 1988 en Alemaña, onde Italia caeu nas semifinais ante a Unión Soviética. Foi tamén titular no Mundial de 1990, organizado por Italia, onde os anfitrións acabaron terceiros.

Coa chegada do novo seleccionador Arrigo Sacchi tivo menos protagonismo na selección, disputando o seu último partido o 6 de xuño de 1992, nun partido da US Cup fronte aos Estados Unidos en Chicago. Vestiu a camiseta azul un total de 45 veces, marcando 4 goles.

Despois da retirada

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada adestrou os equipos xuvenís do Inter de Milán ata 1998, cando deixou o club por desacordos co presidente Massimo Moratti.[7] Posteriormente traballou como comentarista en varias retransmisións deportivas de Mediaset e 7 Gold.[8]

En maio de 2014 puxo en marcha xunto ao seu fillo Marco a Inter Academy Florida, unha escola de fútbol xuvenil nos Estados Unidos.[9] O 15 de novembro de 2017 converteuse no novo responsable da área técnica do Vicenza.[10]

Características técnicas

[editar | editar a fonte]

Defensor combativo e tenaz,[11] estaba dotado dunha boa técnica de base,[12] aínda que preferiu concentrarse máis na fase defensiva que na creación do xogo.[13] Hábil na anticipación e no xogo aéreo,[14] ás veces era o encargado de lanzar os tiros libres.[15] Marco van Basten incluíno, xunto a Pietro Vierchowod, Jürgen Kohler e Giuseppe Bergomi, entre os mellores defensas que atopou durante a súa carreira.[16]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O seu irmán máis vello Giacomo Ferri foi tamén futbolista e militou entre outros no Torino e no Lecce. O seu fillo Marco é modelo e participou en programas de televisión italianos como Uomini e donne, L'isola dei famosi, e tamén españois como Gran Hermano.[17]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Inter de Milán
  1. Sormani, Nino (17 de marzo de 1990). "È il derby dei Paperoni". La Stampa (en italiano). p. 19. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  2. Brera, Gianni (22 de setembro de 1992). "Sua prepotenza a tutto ritmo". la Repubblica (en italiano). p. 28. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  3. Mura, Gianni (30 de maio de 1989). "7,5 a Berti (escluso il look)". la Repubblica (en italiano). Speciale Scudetto 88-89. p. 3. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  4. "Riccardo Ferri". Inter de Milán (en italiano). Consultado o 22 de abril de 2022. 
  5. Monti, Fabio (22 de xullo de 1994). "Zenga, l'ultima uscita è su Pagliuca". Corriere della Sera (en italiano). p. 35. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  6. "Chi detiene il record di autoreti nella storia della serie A?". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 10 de xaneiro de 2004. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  7. "Moratti e l' Interismo" (en italiano). 4 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  8. "Riccardo Ferri: "Questa Inter è migliorata nel gioco"". fcinternews.it (en italiano). Consultado o 22 de abril de 2022. 
  9. "First F.C. Internazionale Affiliated Youth Soccer Academy in the U.S. Debuting in South Florida, Directed by Italian World Cup & Olympic Player Riccardo Ferri". fcinter1908.it (en italiano). 22 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  10. "Nota ufficiale". vicenzacalcio.com (en italiano). 15 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2017. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  11. Pezzotti & Vietti 2002, p. 87.
  12. Bocca, Fabrizio (19 de xuño de 1988). "E Mancini tremò parlando di staffetta". la Repubblica (en italiano). p. 45. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  13. Trapattoni & Longhi 2015.
  14. Perucca, Bruno (9 de xullo de 1990). "Carnevale e Vialli i due insufficienti". La Stampa (en italiano). p. 5. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  15. "Ferri: "Ho baciato una sola maglia, quella dell'Inter"" (en italiano). 28 de marzo de 2016. Consultado o 22 de abril de 2022. 
  16. Van Basten, Marco (2020). Fragile (en italiano). Milán: Mondadori. ISBN 9788804725428. 
  17. "Chi è Marco Ferri dall’Isola dei famosi al Grande Fratello" (en italiano). 8 de maio de 2018. Consultado o 22 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pezzotti, Gianluigi; Vietti, Rita (2002). Dizionario della grande Inter (en italiano). Roma: Newton Compton Editori. ISBN 978-8882894962. 
  • Trapattoni, Giovanni; Longhi, Bruno (2015). Bruno Longhi, ed. Non dire gatto. La mia vita sempre in campo, tra calci e fischi (en italiano). Milán: Rizzoli. ISBN 978-8817081092. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]