Roberto Baggio
![]() (2013) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1967 ![]() Caldogno, Italia (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Soka Gakkai (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–2004) ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1982 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
10 de xuño de 1998 | Mundial de Fútbol Francia 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1990 | Mundial de Fútbol Italia 1990 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Eddy Baggio ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Roberto Baggio, nado o 18 de febreiro de 1967 en Caldogno, Véneto, é un exfutbolista italiano, considerado un dos mellores e máis populares da década dos 1990. Tamén foi coñecido como Divino rabo de cabalo, Robertino e Codino.[1][2]
Coa selección italiana xogou en tres Mundiais de Fútbol e é o único futbolista do seu país que anotou en tres copas de mundo 1990, 1994 e 1998. Ademais da selección, xogou no LR Vicenza, Fiorentina, AC Milan, Bologna FC, Inter de Milán e Brescia Calcio.[3]
En 1994 foi un dos mellores do mundial, levando á escuadra italiana á final, o 17 de xullo, na que perdeu co Brasil a penaltis. Baggio errou o penal decisivo e converteuno nun "heroe" involuntario para o Brasil. Tamén marcou un punto baixo na súa carreira, pero, a pesar do seu erro, capitalizou o incidente a través da publicidade.[3] Desde entón foi coñecido como "O home que morreu de pé" (Socrate morì avvelenato ma Roberto Baggio morì in piedi - Sócrates morreu envelenado, mais Baggio morreu de pé).[4][5][6][7]
No ano 1993 gañou o Balón de Ouro e o FIFA World Player. Ademais, a carreira de Baggio estivo marcada por numerosas lesións.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Caldogno, preto de Vicenza, Baggio comeza a súa carreira no LR Vicenza, na Serie C1 en 1981. En 1985 marchou cara a Fiorentina, onde ficou por cinco anos e comezou a gañar a súa reputación de estrela.
En contra dos desexos dos seareiros foi vendido á Juventus en 1990 por uns 19 millóns de euros, o récord mundial de cartos pagados por un traspaso naqueles intres. O traspaso desencadeou protestas violentas en Florencia e Baggio afirmou que fora coaccionado para aceptar o transfer.[8]
Os seus comezos na escuadra de Turín non foron o que todos agardaban, e nun principio dicíase que o xogador non se adaptaba ao club. Houbo unha pequena polémica cando, nun encontro contra o seu exequipo, un seareiro lle lanzou dende a bancada unha bufanda da Fiore. El recolleuna do chan e púxoa. Isto alporizou ós seguidores da Juventus, mais non tardarían en "perdoar" ó que sería o seu mellor xogador nos vindeiros anos. Con todo, Baggio nunca celebrou os goles contra o seu exequipo.[8]
En 1993 gañou o seu único título europeo de clubs, a Copa da UEFA. A súa actuación ese ano sería premiada co Balón de Ouro e foi nomeado segundo no FIFA World Player, detrás de Romário. Baggio foi o primeiro xogador italiano en gañar o Balón de Ouro dende Paolo Rossi en 1982.[9]
A Juventus conseguira formar unha boa escuadra, xa que xunta Baggio estaban tamén xogadores coma Gianluca Vialli, Fabrizio Ravanelli, Paulo Sousa ou o gardameta Angelo Peruzzi.[10]
1995 é o ano no que gaña o seu primeiro Scudetto, o primeiro de moitos que conseguiría a escuadra turinesa nos anos 90. Mais Baggio non ía desfrutar destes éxitos coa Vecchia Signora xa que tras fortes presións do presidente do A.C. Milan, Silvio Berlusconi, o xogador é transferido ao club milanés por 9'3 millóns de euros.[11] Aquí gañaría o Scudetto en 1996, sendo o primeiro en gañar dous campionatos da Serie A consecutivos con dúas escuadras distintas.
En 1997 marcha ao Bologna co obxectivo de resucita-la súa carreira, maltreita tralo seu paso polo A.C. Milan. Esa tempada bate o seu mellor rexistro anotador con 22 goles na liga. Grazas ó bo ano no Bologna consegue ser titular na selección italiana no Mundial de Fútbol Francia 1998, quitándolle o posto a un xove Alessandro Del Piero.
Despois do mundial Baggio fichou polo Inter de Milán, mais semella que non contaba co favor do adestrador Marcello Lippi, e non chegou a dispoñer de moitos minutos. Na súa autobiografía conta que Lippi o apartou do equipo por non dicirlle ó adestrador que xogadores estaban a falar mal do propio técnico.[12]
Tras ficar dous anos no Inter, e co obxectivo de xogar o Mundial de Fútbol Corea e Xapón 2002 marchou cara ao Brescia. A pesar dunha forte mancadura, antes do final da tempada xa estaba totalmente recuperado. Aínda así o adestrador Giovanni Trapattoni non o levou ao mundial.
Baggio seguiu a xogar no Brescia ata o seu retiro en 2004. Rematou a súa carreira con 205 goles na Serie A, sendo o quinto máximo anotador da historia, despois de Silvio Piola, Gunnar Nordahl, Giuseppe Meazza e José Altafini. A súa camisola co número 10 do Brescia foi retirada, aínda que non para xogos amigábeis.[13]
Internacional
[editar | editar a fonte]Baggio xogou un total de 56 encontros coa selección italiana, anotando 27 goles. E o cuarto goleador da selección de tódolos tempos.
É o único italiano que anotou en tres mundiais, e xunto con Christian Vieri e Paolo Rossi o máximo anotador da escuadra nas Copas do mundo con 9 tantos.
Baggio xoga o seu primeiro mundial en 1990, e aínda que maiormente xogou saíndo do banco dos suplentes conseguiu anotar dous goles. Un deles, contra a Checoslovaquia foi alcumado o "gol do torneo". A Italia remataría en 3º posto.
Baggio era a pedra angular do combinado italiano, e así se confirmou tras unha actuación estelar nas roldas eliminatorias previas á final. Anotou un total de cinco goles, dous en oitavos contra Nixeria, un en cuartos contra España e outros dous nas semifinais contra Bulgaria. Na final contra o Brasil o encontro rematou 0-0 tralos 120 minutos de xogo. Na quenda de penaltis Baggio erraría o seu lanzamento, dándolle o título á escuadra brasileira.
Baggio rematou coma segundo na táboa de máximos anotadores do torneo.
O primeiro encontro enfrontou á Italia contra Selección nacional de fútbol de Chile que só puido conseguir un empate a dous contra os suramericanos. Baggio deulle o pase do primeiro gol a Christian Vieri e anotou o segundo de penalti. O outro gol que marcou no torneo foi contra a Austria, grazas ao cal Italia rematou coma líder do grupo. Nos cuartos de final caeron nos penaltis contra Francia que finalmente sería a campioa do mundo.
Despois do retiro
[editar | editar a fonte]O seu derradeiro encontro coa selección italiana o 28 de abril do 2004 contra a selección española.
Baggio escribiu unha autobiografía Una Porta nel Cielo (Unha portería no ceo).[12]
Títulos
[editar | editar a fonte]- Club
- Scudetto (Serie A): 1995, 1996
- Copa de Italia: 1995
- Copa da UEFA: 1993
- Individual
- Balón de Ouro: 1993
- FIFA World Player: 1993
- FIFA 100: 2004
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Un dos seus irmáns, Eddie Baggio tamén foi xogador da Serie A. Tanto el como os demais irmáns foron chamados así como referencia a deportistas famosos. Non son familiares de Dino Baggio.[14]
En 1985 converteuse ao budismo Nichiren da corrente Soka Gakkai, que recita o "Nam-myoho-renge-kyo", unha oración que simboliza a pureza da flor de loto que crece na lama. Porén, en 1989 casou polo rito católico coa súa muller Andreaina Fabbi, quen pensaba que o estaban a introducir nunha secta.[15] Baggio tivo dous fillos varóns e unha filla coa súa esposa.
Baggio denunciou en 2016 ao animalista Paolo Mocavero por chamarlle "budista ignorante" e acusalo de cazar animais, afirmando que os budistas da súa corrente perseguen a felicidade de todos os seres e a caza vai en contra diso. O tribunal de Padova fallou a favor de Baggio en 2020.[16] En 2022, Mocavero foi absolto, esta vez no tribunal de Verona dunha acusación de difamación relacionada coa colocación de pósters e publicacións en redes sociais que implicaban a Baggio por un tema similar.[17]
En 2024, el e a súa familia foron retidos e golpeados violentamente nun asalto á súa vivenda mentres miraba o partido España-Italia da Eurocopa.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Clarín.com - Baggio nunca creyó en el "catenaccio"". web.archive.org. 2009-02-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2009. Consultado o 2025-01-26.
- ↑ Gonzalez, Amelia (2021-06-10). "3 Lessons on Buddhism from Roberto Baggio". buddhability (en inglés). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Rafael Reis - "Herói" do tetra sofreu mais com lesões e até faturou com pênalti perdido". www.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ "O Homem Que Morreu de Pé". 78. 2023-07-17. Consultado o 2025-01-26.
- ↑ Diéguez, Víctor (2024-02-18). "Recordando… a Roberto Baggio, el hombre que murió de pie". www.legalsport.net (en castelán). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ "TikTok - @elefutbol". www.tiktok.com (en inglés). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ Ruiz, Iker (2023-05-30). "Sócrates murió envenenado, Baggio murió de pie". Panenka (en castelán). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ 8,0 8,1 thegentlemanultra (2016-07-20). "The transfer that sparked a riot: Baggio to Juventus (1990) -" (en inglés). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ "European Footballer of the Year ("Ballon d'Or")". RSSSF. Consultado o 2023-01-26.
- ↑ Fino (1995-05-21). "Scudetto 23 1994/1995 – Fino alla Fine Forza Juventus" (en italiano). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ "Roberto Baggio - Player profile". www.transfermarkt.com (en inglés). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ 12,0 12,1 Baggio, Roberto. "Una porta nel cielo. Un'autobiografia". Mondadori (en italiano). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ "Brescia, Sodinha e il numero 10: fascino che ritorna". Bresciaoggi.it (en italiano). 2014.10.16T07:30:00+0200. Consultado o 2025-01-26.
- ↑ "BAGGIO Roberto: il poeta errante". storiedicalcio.altervista.org (en italiano). 2015-11-22. Consultado o 2025-01-26.
- ↑ "Roberto Baggio y el budismo: una historia de pasión, coraje y sacrificio". Pinceladas de Fútbol (en inglés). Consultado o 2025-01-26.
- ↑ "Roberto Baggio vince in tribunale contro l'animalista Mocavero". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 2020-11-24. Consultado o 2025-01-26.
- ↑ "Mocavero acquitted in the defamation trial with Baggio". Ground News (en inglés). 2025-01-26. Consultado o 2025-01-26.
- ↑ EFE, NTM / (2024-06-21). "Roberto Baggio, agredido y secuestrado en su villa durante el Italia-España". Deia (en castelán). Consultado o 2025-01-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto Baggio ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Futbolistas de Italia
- Centrocampistas de fútbol
- Dianteiros de fútbol
- Balón de Ouro
- FIFA 100
- Xogadores do ACF Fiorentina
- Xogadores do Juventus FC
- Xogadores do AC Milan
- Xogadores do Bologna FC 1909
- Xogadores do Inter de Milán
- Xogadores do Brescia Calcio
- Nados na provincia de Vicenza
- Xogadores da selección de fútbol de Italia
- Nados en 1967
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1990
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1994
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998