Saltar ao contido

Robert Wetzel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Wetzel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Tubinga, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 1962 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Tubinga, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Würzburg
Tubinga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpaleontólogo, prehistoriador, arqueólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Universidade de Würzburg Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores Editar o valor en Wikidata
Membro de

Robert Wetzel nado o 30 de setembro de 1898 en Tübingen; e finado íbidem o 3 de abril de 1962, foi un alemán anatomista, paleontólogo, historiador e prehistoriador, e profesor universitario.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Robert Wetzel era fillo dun avogado, irmán do arquitecto e urbanista Heinz Wetzel e emparentado[1] co hixienista de Würzburg Karl Bernhard Lehmann.

Formación

[editar | editar a fonte]

Obtivo o bacharelato (o título preuniversitario, Abitur no sistema docente alemán) entre 1916 e 1918 durante a primeira guerra mundial. Despois da guerra, completou estudos de Medicina na Universidade de Heidelberg e na Universidade Ludwig-Maximilians de Múnic. Após completar os seus estudos, doutorouse en 1923 co histólogo muniqués Friedrich Wassermann.

Desde 1924 foi axudante en Würzburg dos anatomistas Hermann Braus (1868-1924) e Hans Petersen na Universidade de Würzburg, onde se habilitou e despois foi prosector. Debido a unha enfermidade grave, en maio de 1928 (paraplexia e cegueira), Wetzel foi incapacitado para traballar durante medio ano, até a súa completa recuperación. En febreiro de 1932 foi nomeado außerplanmäßigen Professor (profesor extraordinario ou eventual) da Universidade de Würzburg.[2]

Carreira docente e vínculo co nazismo

[editar | editar a fonte]

No transcurso da transferencia de poder aos nazis, Wetzel uniuse ao Partido Nazi (NSDAP) en 1933. Converteuse en confidente da SD e integrouse nas SS en 1937, onde ascendeu ao rango de SS-Sturmbannfuhrer en 1943.[3]

Despois de seis meses de substitución da cátedra de Anatomía da Universidade de Giessen el seguiu o 'nomeamento' (Berufung, en Austria e Alemaña é un paso previo á obtención da cátedra) para a Universidade de Tübingen, onde acadou a cátedra de Anatomía en outubro de 1936 e converteuse en director no Instituto anatómico atendendo as áreas da prehistoria e a paleontoloxía. O seu nomeamento en Tübingen non foi por razóns políticas, senón por mor dos seus logros científicos e publicacións.[2] Con todo, alí foi asumindo influentes posicións de liderado en política de educación superior.

Nos anos da II guerra mundial

[editar | editar a fonte]

De 1937 a 1940 foi Vice-reitor da Universidade de Tübingen (con interrupcións). A partir de novembro de 1938 até 1944, serviu como xefe local do NS-Dozentenbund creado por Rudolf Hess.[4] A partir de 1940, na súa función de dirixente local da asociación de profesores, tivo litixios co Ministerio de Educación do Reich. En 1940 tamén chegou a ser editor da revista Deutschlands Erneuerung.[3]

Durante a segunda guerra mundial liderou a compañía de estudantes (Studentenkompanie). Cara ao final da guerra, levou a cabo exercicios de tiro cos seus asistentes no soto do instituto. Desde decembro de 1944 pertenceu á Volkssturm, onde pasou a ser xefe de compañía pouco despois. Durante este tempo só asistiu a cursos esporadicamente, pero estivo representado polo profesor eventual (Extraordinarius) Walther Jacobj.[2]

Despois da guerra

[editar | editar a fonte]

Despois do fin da guerra, Wetzel foi suspendido da cátedra en Tubinga, en 1945, e estivo en centros de internamento aliados.[3] A súa readmisión como profesor fallou debido á resistencia da Facultade de Medicina.

En febreiro de 1952, o antigo nacionalsocialista escribiu a Hans Rothfels, un rico historiador de dereitas que emigrara aos Estados Unidos e fora próximo ao partido nazi durante os anos 30 (e quen posibelmente tería votado a Hitler[5]). Rothfels fora apartado da docencia pola súa ascendencia xudía, e Wetzel contactouno con motivo dos seus escritos sobre a 'oposición alemá' (german opposition) e presentando o seu "caso individual como exemplo", desvinculando o conxunto do nacionalismo alemán e o movemento Völkisch do nazismo, "que unha oposición alemá, certamente inadecuada, existía moi dentro do partido, SS, SD, e que falaba en nome dun nacionalsocialismo (propio) que aprobaba, pero non para o partido".[6]

Desde 1953 ocupou cargos docentes na Universidade Técnica de Stuttgart e na Facultade de Medicina da Universidade de Tübingen (anatomía tomográfica).[3]

Robert Wetzel e o seu equipo non tiñan idea durante as escavacións na cova de Stadel (Stadel-Hölhle) de que estes restos atopados en 1939 serían montados 74 anos máis tarde deste xeito: como Löwenmensch (Home-León)
No Hohlensteinstadel, Robert Wetzel traballou durante décadas como xestor dunha escavación arqueolóxica

En Würzburg, Robert Wetzel, animado por Braus, que traballou no campo da embrioloxía experimental, desde 1924 como asistente até 1936 como profesor asociado, investigou o desenvolvemento primitivo (desenvolvemento embrionario) dos pitos[7] e dos ventrículos cerebrais. En Würzburg e Tubinga, diseccionou corpos completos en seccións conxeladas de dous centímetros de espesor, algo totalmemte novo naquela altura. Tiña esas diseccións mostradas nos gráficos, pero non foron publicados como estaba previsto.[2]

Ademais, o interese da investigación de Wetzel estaba na prehistoria. Dirixiu escavacións no Lonetal no Xura suábico (Alpes Suábicos) na década de 1930 e, despois dunha interrupción debido á guerra, até 1962. Tamén fixo publicacións sobre iso. Durante estas escavacións, o xeólogo Otto Völzing atopou os fragmentos de marfil de mamut en 1939 na cova de Stadel no macizo rochoso de Hohlenstein. No seu testamento, Robert Wetzel doou todos os seus achados da escavación do Lonetal ao Museo de Ulm.

Con todo, a súa alta importancia non foi só despois dunha primeira composición en 1969 por Joachim Hahn do Home-León.[8] O Löwenmensch (home-león) foi a peza central da exposición permanente en Ulm desde a súa primeira composición e máis aínda despois da súa fundamental recomposición en 2013.

  1. Richard Kraemer: Würzburger Mediziner vor 50 Jahren. In: Würzburger medizinhistorische Mitteilungen. Band 5, 1987, S. 165–172, hier: S. 166.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Klaus D. Mörike, Geschichte der Tübinger Anatomie, Tubinga, 1988, Páx. 103 f.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Ernst Klee: Das Personenlexikon zum Dritten Reich, Frankfurt, 2007, S. 673.
  4. Michael Grüttner: Biographisches Lexikon zur nationalsozialistischen Wissenschaftspolitik (= Studien zur Wissenschafts- und Universitätsgeschichte. Band 6). Synchron, Heidelberg 2004, ISBN 3-935025-68-8, S. 182–183.
  5. "SEHEPUNKTE - Rezension von: Hans Rothfels - Ausgabe 7 (2007), Nr. 2". www.sehepunkte.de. Consultado o 2022-05-06. 
  6. Robert Wetzel o 29 de febreiro de1952 a Hans Rothfels. Citado por Jan Eckel: Informelle Transformation im Spiegel der Widerstandsdeutungen. En: Ulrich Herbert (Hrsg.): Wandlungsprozesse in Westdeutschland. Belastung, Integration, Liberalisierung, 1945 bis 1980. Gotinga 2002, Páx. 155f.
  7. Theodor Heinrich Schiebler: Anatomie in Würzburg (von 1593 bis zur Gegenwart). En: Vierhundert Jahre Universität Würzburg. Hrsg. von Peter Baumgart, Degener & Co., Neustadt 1982, Páx. 985–1004
  8. Cidade de Ulm, Museo de Ulm (Ulmer Museum): Der Löwenmensch. Geschichte – Magie – Mythos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Die wissenschaftliche Akademie Tübingen des nationalsozialistischen Deutschen Dozentenbundes. In: Robert Wetzel / Hermann Hoffmann (Hgg): Wissenschaftliche Akademie Tübingen des NSD-Dozentenbundes, Band 1: 1937, 1938, 1939, Tübingen: Mohr 1940, S. 17–32.
  • Die Lontalarbeit als Gemeinschaftsforschung. In: Robert Wetzel / Hermann Hoffmann (Hgg): Wissenschaftliche Akademie Tübingen des NSD-Dozentenbundes, Band 1: 1937, 1938, 1939, Tübingen: Mohr 1940, S. 79–93.
  • Lebendige Einheit und organische Gliederung. In: Robert Wetzel / Hermann Hoffmann (Hgg): Wissenschaftliche Akademie Tübingen des NSD-Dozentenbundes, Band 1: 1937, 1938, 1939, Tübingen: Mohr 1940, S. 140–158.
  • Die Bocksteinschmiede mit dem Bocksteinloch, der Brandplatte und dem Abhang sowie der Bocksteingrotte, I.Teil, W. Kohlhammer Verlag, Stuttgart 1958.
  • Die Bocksteinschmiede im Lonetal, Teil I: Text, Teil II: Tafeln, Verlag Müller & Gräff Kommissionsverlag Stuttgart 1969, Hrsg. Gerhard Bosinski.
  • Michael Grüttner: Biographisches Lexikon zur nationalsozialistischen Wissenschaftspolitik (= Studien zur Wissenschafts- und Universitätsgeschichte. Band 6). Synchron, Heidelberg 2004, ISBN 3-935025-68-8, S. 182–183.
  • Klaus D. Mörike: Geschichte der Tübinger Anatomie, Mohr, Tübingen 1988, ISBN 3-16-445346-9.
  • Ernst Klee: Das Personenlexikon zum Dritten Reich. Wer war was vor und nach 1945. 2. Auflage. Fischer-Taschenbuch-Verlag, Frankfurt am Main 2007, ISBN 978-3-596-16048-8. 
  • Philip Scharer: Robert F. Wetzel (1898–1962) – Anatom, Urgeschichtsforscher, Nationalsozialist. Eine biografische Skizze, in: Die Universität Tübingen im Nationalsozialismus, Hg. von Urban Wiesing u. a., Stuttgart 2010, S. 809–831, ISBN 978-3-515-09706-2.
  • Philip Scharer: Ein Anatom als „Erforscher des Lonetals“: Prof. Dr. Robert F. Wetzel. In: Wolfgang Proske (Hrsg.): Täter Helfer Trittbrettfahrer. NS-Belastete aus Baden-Württemberg, Band 2: NS-Belastete aus dem Raum Ulm/Neu-Ulm. Ulm : Klemm + Oelschläger, 2013 ISBN 978-3-86281-008-6, S. 187–195