Roma quadrata
Tipo | xacemento arqueolóxico | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | Roma, Italia | ||
Roma Quadrata (en galego, 'Roma cadrada'), foi o nome que lle deron ao conxunto de aldeas latinas, etruscas e sabinas que vivían na beira do río Tíber e que formaron o que máis tarde se había chamar Roma. Esta cidade formouse no século -VIII aínda que a lenda a sitúa o 21 de abril de -753, data que marcaba o ano 1 do calendario romano. Tamén conta a lenda que a cidade foi fundada por Rómulo e Remo, matando o primeiro ao segundo, converténdose así no único soberano.
Porén, outros autores, a medio camiño entre a lenda e a realidade histórica documentada arqueoloxicamente, dan á Roma Quadrata outras tres definicións diferentes: a primeira corresponderíase con todo o outeiro do Palatino, como refiren Plutarco,[1] Dionisio de Halicarnaso[2] e Apiano,[3] a segunda, a unha restrinxida zona monumental, limitada á área de Apollinis (zona do Templo de Apolo Palatino), que ocupaba unha pequena parte do Palatino[4][5] e unha terceira, a un foxo (probabelmente non chegase a murus terreus), que rodeaba o Palatino.[6]