Romeu e Xulieta (Chaikovskii)
Romeu e Xulieta[1] é unha obra musical de Petr Ilich Chaikovskii, subtitulada Abertura-Fantasía, baseada na obra homónima de Shakespeare escrita (na súa primeira versión) en 1869. A diferenza doutras obras maiores de Chaikovskii, o compositor non lle adxudicou un número a Romeu e Xulieta, aínda que figura noutros catálogos alternativos numerada como TH 42[2] e ČW 39.[3]
Ó igual que outros compositores como Berlioz e Prokofev, Chaikovskii estivo fondamente inspirado por Shakespeare e ademais escribiu obras sobre A tormenta e Hamlet.
A idea de compoñer esta Abertura-Fantasía con tema shakesperiano foi inicialmente de Mili Balákirev, o líder do Grupo dos Cinco, e aínda que a obra estaba rematada en 1869, a versión que coñecemos hoxe en día data do ano 1880. O feito de que a tonalidade do "tema do amor" na súa primeira aparición (compás 183) sexa a de Re bemol Maior, que en alemán se abrevia como "Des", pode estar relacionado coa decepción amorosa que sufriu Chaikovskii coa cantante belga Désirée Artôt.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-26.
- ↑ Alexander Poznansky & Brett Langston, The Tchaikovsky Handbook, Vol. 1 (2002) Tchaikovsky Research: Catalogue Numbers Arquivado 07 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Polina Vaidman, Liudmila Korabel'nikova, Valentina Rubtsova, Thematic and Bibliographical Catalogue of P. I. Čajkovskij's Works (2006), and P. I. Čajkovskij. New Edition of the Complete Works (1993–date)
- ↑ Kerr, Isaac. «Shakespeare en el romanticismo musical. Chaikovski y Berlioz: dos interpretaciones de la “escena del conflicto” de Romeo y Julieta», Síneris. Revista de musicología Arquivado 20 de marzo de 2016 en Wayback Machine., vol. nº 4, abril 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brown, David: Tchaikovsky: The Man and His Music. Nova York: Pegasus Books, 2007. ISBN 0-571-23194-2
- Holden, Anthony, Tchaikovsky: A Biography (Nova York: Random House, 1995). ISBN 0-679-42006-1.
- Kamien, Roger. Music : An Appreciation. Mcgraw-Hill College; 3ª edición (1 de agosto de 1997) ISBN 0-07-036521-0
- Kerr, Isaac. «Shakespeare en el romanticismo musical. Chaikovski y Berlioz: dos interpretaciones de la “escena del conflicto” de Romeu y Julieta», Síneris. Revista de musicología, vol. nº 4, abril 2012. ISSN 2254-3643.
- Maes, Francis, tr. Arnold J. Pomerans and Erica Pomerans, A History of Russian Music: From Kamarinskaya to Babi Yar (Berkeley, Los Ángeles y Londres: University of Calilfornia Press, 2002). ISBN 0-520-21815-9.
- Weinstock, Herbert, Tchaikovsky (Nova York: Alfred A. Knopf, 1944). ISBN n/d
- Wiley, Roland John: Tchaikovsky's Ballets. Oxford e Nova York: Oxford University Press, 1985. ISBN 0-19-816249-9.
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |