Ruslana Lyzhychko
Ruslana Stepanivna Lyzhychko, nada en Lviv o 24 de maio de 1973, é unha cantante, compositora produtora e bailarina ucraína, gañadora do Festival de Eurovisión 2004. Escribe, compón e produce as súas propias cancións e videoclips. Ademais é pianista, directora de Orquestra Sinfónica, Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF e membro do parlamento ucraíno.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro éxito en Ucraína foi en 1998 coa canción "Sunrise" e o álbum A Moment of Spring. En 1999 traballou no musical do Nadal The Final Christmas of the 1990s, que gañou o premio á película do ano de Ucraína. O seu álbum Dyki Tantsi (ou Wild dances na súa versión inglesa), que foi lanzado en 2003, foi disco de platino en Ucraína, vendendo máis de 100.000 copias.
Gañou o Festival de Eurovisión 2004 interpretando "Wild dances". A súa actuación reportoulle 280 puntos.
Discografía
[editar | editar a fonte]Singles
[editar | editar a fonte]- Ty
- Balada pro princessu
- Svitanok
- Ostannya Poema
- Kolyskova
- Myt' Vesny
- Prochannya z Disko
- Znaju Ja
- Oy, Zaghray My, Muzychenku
- Kolomyjka
- Wild Dances (2004)
- Dance with the Wolves (2004)
- The Same Star (2005)
- Dika Enerihya/Wild Energy (2006)
- Moon Of Dreams (2008)
Álbums
[editar | editar a fonte]- Myt' Vesny - Dzvinkyj Viter (Мить весни. Дзвінкий вітер) (1998)
- Ostannye risdvo 90 (Останнє різдво 90-x) (1999)
- Naykrashche (Найкраще) (2001)
- Dobriy vechir, tobi ... (Добрий вечір, тобі ...) (2002)
- Dyki Tantsi (Дикі Танці) (2003)
- Diki Tantsi (Eurobonus) (2004)
- Wild Dances (2004)
- Wild Dances (New Year/Christmas Edition) (2005)
- Club'in (2005)
- Amazonka (2008)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ruslana Lyzhychko |