Ruth Crawford Seeger
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ruth Porter Crawford 3 de xullo de 1901 East Liverpool, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 18 de novembro de 1953 (52 anos) Chevy Chase, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Springfield Cemetery (en) , Althea Path North 344 |
Educación | American Conservatory of Music (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositora |
Xénero artístico | Música moderna |
Profesores | Charles Seeger (pt) , Adolf Weidig (en) , Djane Lavoie-Herz (en) , Bertha Foster (en) e Heniot Levy (en) |
Instrumento | Piano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Charles Seeger |
Fillos | Mike Seeger, Peggy Seeger |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ruth Crawford Seeger, de solteira Ruth Porter Crawford, nada en East Liverpool, Ohio, o 3 de xullo de 1901 e finada en Chevy Chase, Maryland, o 18 de novembro de 1953, foi unha compositora e etnomusicóloga estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun ministro metodista intinerante, Ruth Crawford criouse e estudou en Florida ata que se trasladou ao Conservatorio de Chicago, onde estudou composición e teoría musical con Adolf Weidig, quen a animou a dar a coñecer os seus primeiros Preludios para piano, de 1924, nos que xa se manifesta o seu estilo "ultramoderno", como na Sonata para violín e piano, de 1926.[1]
Recoñecida especialista na música folclórica e popular norteamericana, colaborou con Alan Lomax en dúas antoloxías importantes durante a década de 1940 (Our Singing Country, 1941, e Folk Song: USA, 1947) e editou outras en solitario até a súa morte. Antes disto dedicouse principalmente á composición.
Participou activamente na difusión da música contemporánea e foi un dos fundadores da Sociedade Internacional pola Música Contemporánea. Unha bolsa concedida pola fundación Gugenheim, en 1930, permitiulle pasar unha frutífera tempada en Europa, onde entrou en contacto cos compositores máis relevantes da época, tales como Béla Bartók, Arnold Schönberg ou Alban Berg, e ademais conseguiu que a súa propia música fose coñecida fóra de América.
A súa actividade creativa pode dividirse en dúas etapas: de 1924 a 1929, na que, influída pola obra de Aleksandr Skriabin, experimentou coa atonalidade e os ritmos irregulares, e de 1930 a 1933, en que participou da música serial. A súa obra máis difundida, nunha produción moi curta, é o Cuarteto de corda, de 1931, no que "ordenacións de altura, ritmo, duracións e dinámica anticipan a música vangardista da posguerra mundial".[2]
En 1932 Ruth Crawford contraeu matrimonio co compositor, musicólogo e teórico Charles Seeger, cuxas ideas musicais influíron tanto nas súas composicións coma na súa posterior dedicación exclusiva ao folclore.[2] O matrimonio tivo catro fillos, dous deles, Peggy e Mike Seeger, dedicados tamén á música folk. Charles Seeger achegou á unión o fillo do seu primeiro matrimonio, entón de trece anos de idade, que máis tarde sería o famoso cantante e músico Pete Seeger.
Desde 1933, Crawford-Seeger abandonou practicamente a composición, coa soa excepción de Rissolty Rossolty, unha autodenominada "fantasía americana para orquestra", baseada en melodías populares e composta para un programa educativo da radio CBS. Con todo, na década do cincuenta pareceu recobrar o interese por compor de novo de acordo coa súa formación vangardista, completando en 1952 unha Suite para quinteto de vento; mais o cancro acabou con ela no ano seguinte. En opinión de Alex Ross, que a considera "unha das poucas grandes compositoras da primeira parte do século XX",[2]
Esta muller concienciuda e propensa a infravalorarse acabaría escribindo algunhas das pezas musicais máis incríbelmente complexas do seu tempo[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- Tom núm. 1 pax.153 de Auditorium, Cinco Siglos de Música Inmortal de editorial Planeta.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Judith Tick: Ruth Crawford Seeger: A Composer's Search for American Music Oxford University Press, Nova York, 1997.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de R.C.S. por David Lewis na páxina web da súa filla Peggy, cunha nota desta (en).
- "Ruth Crawford Seeger's Contributions to Musical Modernism, por Joseph N. Straus, Institute for Studies on American Music (ISAM) Newsletter, outono de 2001, vol. XXXI, n.º 1.