Ruth Selbmann Kummer
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | odontóloga |
Ruth Selbmann Kummer, nada en Pforzheim (Alemaña) o 22 de xaneiro de 1899[Cómpre referencia], foi unha das primeiras odontólogas de España.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Ruth Selbman estableceuse en Vilagarcía de Arousa a principios do século XX onde abriría unha clínica odontolóxica.
Ruth estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela dende 1924.[1] Despois marchou a Madrid para licenciarse en odontoloxía na Universidade Central. Durante a súa estancia en Madrid residiu na Residencia de Señoritas.[2] Posteriormente, foi a Alemaña para completar a súa formación e alí coñeceu ao seu marido que tamén era dentista.
En 1929 abriu unha clínica en Vilagarcía pero ao comezo da Guerra Civil marchou a Bolivia.[3] En 1949 volveu a Vilagarcía onde traballou na súa clínica até 1980.[1]
Tivo dous fillos: Ruth e Jorge. Jorge tivo unha clínica dental en Villagarcía, morreu o 21 de marzo de 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Pintos (2016)
- ↑ Ramil, Raquel Vázquez; Ucha, Anxo Serafín Porto (2018). "Mujeres gallegas en la Residencia de Señoritas de Madrid: perfiles biográficos y trayectorias académico-profesionales". La mujer en la historia de la universidad. Retos, compromiso y logros, 2018, ISBN 978-84-9012-978-4, págs. 173-185 (Ediciones Universidad de Salamanca): 173–185. ISBN 978-84-9012-978-4.
- ↑ "Una familia de boca en boca". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-01-24. Consultado o 2021-07-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pintos Barral, Xoana (2016). As Mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960 (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. p. 676.
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.