Saltar ao contido

Sáfrax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSáfrax
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Mortec. 400 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Sáfrax (? - aproximadamente 400) foi un caudillo grutungo (pobo orixe dos ostrogodos) que liderou o seu pobo tras a morte do rei Vitimiro. Actuou como rexente xunto con Alateo, mentres o fillo de Vitimiro, Viderico, aínda era pequeno.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Semella probable que fose de orixe sármata ou alana.[2]

Desde o 376 tras a guerra contra os hunos, na que foron fortemente derrotados e o propio rei Vitimiro morreu,[3] Sáfrax xunto con Alateo como rexentes, conduciron ao seu pobo, cara ao Imperio Romano.

Segundo Amiano, Sáfrax, xunto con Alateo, eran quen mandaban os grutungos que estaban do lado de Fritixerno e os tervingos na batalla de Adrianópole, contra os romanos, no 378. Posiblemente, Sáfrax, estivese á fronte dos aliados húnico-alanos.[4] Trala derrota dos romanos, saquearon profundamente o Imperio romano oriental, até que foron asentados en Pannonia Prima por mor dos tratados con Teodosio.[5] Outra parte deles, se integraron no exército romano.[5]

  1. Kulikowski (2007), p. 126
  2. Kim, 2013, pp. 201 e 265
  3. Amiano Marcelino, Res gestae, XXXI, 3
  4. Burns 1994, p. 63
  5. 5,0 5,1 Burns 1991, p. 41

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Vitimiro
Rei dos grutungos

Rexente xunto con Alateo
376 - ??

Sucesor: