Vitimiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV |
Morte | 376 |
Rei dos ostrogodos | |
← valor descoñecido – Viderico → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei |
Fillos | Viderico |
Vitimiro (tamén Withimer) era un membro da familia de Hermanarico e en 375 foi elixido rei dos grutungos (375-376)[1] despois de que Hermanarico se suicidase.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que algúns autores o consideran fillo de Hermanarico, Wolfram é de opinión absolutamente contraria aceptando, en todo caso, que fose membro da súa familia.[2]
Vitimiro foi elixido rei nun momento en que o pobo ostrogodo vivía nunha situación moi precaria e sufriu varias derrotas fronte aos hunos. En 376, os ostrogodos sufriron unha derrota terríbel, onde o propio Vitimiro morreu.[3] Como o fillo de Vitimiro, Viderico, era aínda un neno, dous xenerais experimentados asumiron a rexencia ata que cumprise 21 anos: Alateo e Sáfrax.[4] Tras esta derrota a mans dos hunos, os ostrogodos dirixidos por Sáfrax e Alateo dirixíronse xunto cos visigodos cara ao Dnister, e máis adiante en dirección ao Danubio e o Imperio Romano, mentres que outro grupo importante foi sometido polos hunos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Heather, 1996, pp. 98-101
- ↑ Wolfram (2001), p. 253
- ↑ Amiano Marcelino, Res gestae, XXXI, 3
- ↑ Kulikowski (2007), p. 126
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heather, Peter (1996). The Goths (en inglés). Oxford: Wiley-Blackwell. ISBN 9780631165361.
- Kulikowski, M. (2006). Rome's Gothic Wars. From the Third Century to Alaric (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 9781139167277.
- Thompson, E. A. (1999). The Huns (en inglés). Oxford: Wiley-Blackwell. ISBN 9780631214434.
- Herwig, Wolfram (2001). Die Goten und ihre Geschichte (en alemán). Múnic: C. H. Beck. ISBN 9783406447792.
Predecesor: Hermanarico |
Rei dos grutungos 375 - 376 |
Sucesor: Sáfrax e Alateo como rexentes |