Sólido Galego
O Sólido Galego, ou Soldo Galego,[1] foi unha moeda existente no Reino de Galiza entre, cando menos, os séculos IX e XII.
Historia
[editar | editar a fonte]As últimas moedas emitidas na Galiza altomedieval, foron as cuñadas polo rei visigodo Vitiza desde as cecas de Braga e Lugo.[2] Desde aquela, nos inicios do século VII, até o tempo do rei Afonso VI, a finais do século XI, non se acharon moedas en Galiza asinadas por un poder político local recoñecíbel. Porén, a documentación medieval fai repetidas referencias aos soldos ou sólidos galegos. Estas mencións transcríbense baixa diversas denominacións: gallicanos,[3] gallicenses,[4] gallicanus[5] etc.[6] Existindo mesmo unha, achada nun documento de Guimarães datado en 924, que engade a frase "usui terre nostre", é dicir de uso na nosa terra.[7]
Os primeiros investigadores que repararon na existencia destas moedas, caso do catalán Jaume Vicens i Vivens, supuxéronlles unha procedencia gala (francesa). Este feito foi axiña posto en cuestión por outros, como Claudio Sánchez-Albornoz. Este autor, ignorante da existencia dun reino galego medieval, interrogábase naquelas datas sobre o motivo de aparecer esta moeda propia só nas actuais Galiza e norte de Portugal, entanto que en Castela e León, na súa concepción núcleo do reino dos cristiáns peninsulares, non existiren ningunha.[8]
No ano 1944, o especialista en numismática Wilhelm Reinhart, atribuíu unha procedencia sueva os soldos galegos.[9] Esta teoría é seguida na actualidade pola meirande parte da historiografía moderna.[10] Porén, para algúns investigadores resulta inverosímil acreditar que, após séculos de demostradas emisións, non se labrase moeda en Galiza nun período de 400 anos.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @ReinoMedGalicia. "Un reino unha moeda: O Soldo Galego". Twitter. Consultado o 2022-08-18.
- ↑ "Cecas visigodas en Hispania (1)". www.tesorillo.com. Consultado o 2022-08-18.
- ↑ "Fuentes Documentales Archivísticas" (PDF). wearenumismatics.com (en latín). Catedral de Braga. 900. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2022.
accepi de uobis precio id est, cauallo dosno de IIIIor solidos gallicanos et IIos solidos de alio precio, sub uno VIes solidos gallicanos que uos mihi dedistis et ego accepi et de precio
- ↑ "Fuentes Documentales Archivísticas" (PDF). wearenumismatics.com (en latín). Mosteiro de Celanova. 905. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2022.
et ccepimus de te pretium quod nobis bene complacuit XXV solidos gallicenses in pannos uel argento et boves
- ↑ "Fuentes Documentales Archivísticas" (PDF). wearenumismatics.com (en latín). Mosteiro de Sobrado. 941. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2022.
et IIIIor lenzos lineos, ceuaria et sicera in simul VII solidos gallicanus, quod precium bene nobis complacuit, et de ipso precio apud
- ↑ Costa, Miguel. "Solidos Galicenses". Fror na area. Toponimia galega. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Fuentes Documentales Archivísticas" (PDF). wearenumismatics.com (en latín). Guimarães. 28/07/924. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2022.
pretio proinde XVm solidos gallicarios usui terre nostre
- ↑ Sánchez-Albornoz, Claudio (1928). "La primitiva organización monetaria de León y Castilla" (PDF). Anuario de historia del derecho español (en castelán) (5): 309.
- ↑ Reinhart, Wilhelm (1944). "Los sueldos "gallecanos" monedas gallegas". Cuadernos de Estudios Gallegos, fasc. II (separata).
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 46–47.
- ↑ Núñez Meneses, Pablo (04/2013). "¿Economía natural o monetaria en la Galicia de los siglos VIII al XI?" (PDF). OMNI, revue internationale de numismatique (6): 147.