Sabela (nome)
Sabela[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o hebreo Elisheva (אֱלִישֶׁבַע), composto por "el" 'Deus' e "xeba", o cal pode interpretarse como 'xuramento' ou 'sete', considerado o número perfecto. Xa que logo, podería significar 'Deus é o meu xuramento' ou 'Deus é perfección'. En galego tamén ten a variante Isabel,[3] e os hipocorísticos Sabel e Beluca.[2]
En xaneiro de 2023 existían 3.342 mulleres en Galicia co nome Sabela, cunha media de idade de 17,9 anos.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Este conxunto de nomes é unha variante galega do nome hebreo Elisheba, pasando polo latín ("Elísabet") e o grego (Ἐλισάβετ; "Elisábet"), a través dos cales pasaron a outras linguas europeas.[5][6] O uso de Sabela como nome está vinculado á personaxe bíblica de Sabela, nai de Xoán Bautista.[7]
O nome na cultura galega
[editar | editar a fonte]- "Sabela" é o título dun dos relatos da obra de Castelao Retrincos.
- Non chores, Sabeliña, zarzuela galega composta polo lucense Gustavo Freire en 1943.
- Sabela de Cambados, filme galego de 1949 dirixido por Ramón Torrado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 6 de maio de 2024.
- ↑ Nome Sabela na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Albert Dauzat, Noms et prénoms de France, Librairie Larousse 1980, édition revue et commentée par Marie-Thérèse Morlet, p. 337a.
- ↑ Chantal Tanet et Tristan Hordé, Dictionnaire des prénoms, Larousse, París, 2009, p. 38ISBN 978-2-03-583728-8
- ↑ Guido Gómez de Silva, Breve diccionario etimológico de la lengua española, Cidade de México: Fondo de Cultura Económica, 1985.