Salvinia auriculata
Salvinia auriculata | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salvina auriculata no Pantanal do Mato Grosso | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Salvinia auriculata Aubl., 1775 | |||||||||||||||||
Variedades | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Salvinia auriculata é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das salviniáceas, unha das dez comprendidos no xénero Salvinia.[1]
Orixinaria de América, onde se encontra desde México até o sur da Arxentina e Chile. Cultívase como planta ornamental, e naturalizouse en estado salvaxe nalgúns lugares.[2]
Esta especie é difícil de distinguir doutras do xénero Salvinia.[3] Por outro lado varía de tamaño dependendo da abundancia doutras plantas que convivan con ela.[4]
Como outras salviniáceas é unha planta invasora. Infestou o río Zambeze en 1949.[5] Tamén se considera invasora en Nova Caledonia.[6]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1775 polo farmacéutico, botánico e explorador francés Jean Baptiste Christophore Fusée-Aublet.[1][7][8]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Salvinia.
O epíteto específico, auriculata, é o feminino do nominativo do axectivo do latín científico auiriculātus, -a, -um, derivado do latín clásico auris, -is. "orella". Literalmente, "a que ten orellas".
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais do protónimo cuñado por Fusée-Aublet, a especie coñeceuse tamén polo sinónimos:[8][9]
- Marsilea auriculata (Aubl.) Vitman
- Marsilea natans Vell.
- Salvinia affinis Desv.
- Salvinia hispida Kunth
- Salvinia olfersiana Klotzsch ex Britton
- Salvinia rotundifolia Willd.
Variedades
[editar | editar a fonte]Dentro da especie distínguense as seguintes variedades:[8]
- Salvinia auriculata var. auriculata Aubl.
- Salvinia auriculata var. major C.V.Miranda & Schwartsb.
- Salvinia auriculata var. olfersiana Baker
- Salvinia auriculata var. sprucei Baker ex Kuhn
Características
[editar | editar a fonte]Rizoma con estela en forma de "U" en corte transversal; a lámina das follas (frondes) flotantes é de orbicular a orbicular-cordada, de até 3 cm de diámetro, cunha fendedura en ambos os extremos, e presentan numerosas papilas cónicas dispostas en fileiras entre os nervios; as papilas xeralmente con de 2 a 4 tricomas soldados no seu extremo distal formando un "nó" escuro. Os esporocarpos, pediculados sobre os eixes varias veces ramificados, son globosos, e non marcadamente apiculados.[1]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É un fieito flotante que vive en ríos, lagos e lagoas,[1] de distrinucón americana, encontrándose en México, as illas Bermudas, A Española, Cuba, Porto Rico, as Antillas Menores, as Galápagos, Trinidad, Centroamérica e, en Suramérica, en Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Güiana Francesa, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela.[9]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Salvinia auriculata Aubl. en World Flora Online. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ Salvinia auriculata Aubl. en U.S. National Plant Germplasm System. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ Salvinia auriculata en California Department of Food & Agriculture. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ Coelho, F. F. et al. (2000): "Density-dependent morphological plasticity in Salvinia auriculata Aublet". Aquatic Botany 66 (4): 273-280.
- ↑ Hattingh, E. R. (1961): "Problem of Salvinia auriculata Aubl. and associated aquatic weeds on Kariba Lake". Weed Research 1 (4) 303-306.
- ↑ Hequet, Vanessa (2009). Les espèces exotiques envahissantes de Nouvelle-Calédonie (PDF). p. 17.
- ↑ Salvinia auriculata Aubl. no IPNI. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Salvinia auriculata Aubl. no GBIF. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ 9,0 9,1 Salvinia auriculata Aubl. en World Plants. Consultado o 13 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvinia auriculata |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salvinia auriculata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fusée-Aublet, J. B. C. (1775): "III Algæ. Salvinia. En: Histoire des Plantes de la Guiane Françoise... Tome Premier.
- Baker, J. G. (1886): "A synopsis of the Rhizocarpeæ". Journal of Botany, British and Foreign 24: 98.
- Pott, Vali Joana & Pott, Arnildo (2000): Plantas aquáticas do Pantanal. Brasilia: Embrapa. ISBN 85-7383-091-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Salvinia auriculata (giant salvinia) en Invasive Species Compendium (en inglés).