Saltar ao contido

Sendeiro da costa de Anglesey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Percorrido do sendeiro de Anglesey.
Sinal do sendeiro.

O sendeiro da costa de Anglesey (en galés: Llwybr Arfordirol Ynys Môn) é unha ruta de 200 km de longo que rodea a illa de Anglesey no norte de Gales.[1] A ruta é parte do sendeiro da costa de Gales. Foi inaugurada formalmente por Rhodri Morgan, Primeiro Ministro de Gales, o 9 de xuño de 2006.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A ruta segue toda a costa, case arrodeando a costa toda. As dúas excepcións son onde o sendeiro pasa por Plas Newydd, e no estuario de Afon Alaw, entre Llanfachraeth e Llanynghenedl.[1] A ruta comeza e remata oficialmente en Holyhead, e é descrito na guía oficial coa dirección ó contrario das agullas do reloxo. O proxecto de custou £1,4 millóns e conta cunha boa sinalización durante todo o trazado. Pode durar entre 7 e 10 días completar o sendeiro completo.

Os fondos do "Obxectivo 1" Europeo contribuíron neste proxecto, que pretende satisfacer a crecente demanda de paseos costeiros. O camiño foi creado por unha asociación dirixida pola axencia comunitaria Menter Môn e polo Consello Condal da illa de Anglesey.

Puntos de paso

[editar | editar a fonte]

Comezando en Holyhead e no sentido contrario ás agullas do reloxo, o sendeiro atravesa ou pasa preto de:

Puntos de paso do sendeiro
N. Imaxe Tipo Localización Autoridade unitaria Observacións
1
Porto Holyhead Anglesey Localizado na meirande cidade de Anglesey.[2]
2
Faro South Stack Anglesey O faro está considerado como unha das iconas de Anglesey.[3]
3
Praia Illa Holy Anglesey Localizada na meirande illa de Anglesey.[4]
4
Vila Trearddur Anglesey Localizada nunha baía, ó sur de Holyhead, na costa oeste da illa Holy.[5]
5
Vila Rhoscolyn Anglesey Vila preto da praia de Borthwen cun acceso pouco doado.[6]
6
Vila Rhosneigr Anglesey Localizada a 10 km ó sueste de Holyhead.[7]
7
Cámara funeraria neolítica Barclodiad e Gawres Anglesey Exemplo dunha tumba de corredor cruciforme[8]
8
Igrexa Igrexa de Cribinau Anglesey Cribinau é unha pequena illa mareal localizada na costa suroeste de Anglesey.[9]
9
Vila Aberffraw Anglesey Aberffraw está localizado xunto á ribeira oeste do río Ffraw.[10]
10
Igrexa Igrexa de Llangadwaladr Anglesey Na igrexa atópase a tumba de Cadfan ap Iago, Rei de Gwynedd (c. 616c. 625).[11]
11
Illa Illa Llanddwyn Anglesey A illa Llanddwyn é unha pequena illa mareal. A cidade máis achegada é Newborough.[12]
12
Ponte Ponte Britannia Anglesey Ponte sobre o estreito de Menai, entre as illas de Anglesey e Gran Bretaña.[13]
13
Estreito Swellies Anglesey É o paso de navegación máis perigoso do estreito de Menai.[14]
14
Illa Illa Church Anglesey Pequena illa só accesible a pé dende o paseo Belga.[15]
15
Ponte Ponte colgante de Menai Anglesey Unha das primeiras pontes colgantes do mundo, deseñada por Thomas Telford.[16]
16
Vila Menai Bridge Anglesey É o terceiro maior asentamento da illa, cunha poboación de 3.146 habitantes.[17]
17
Vila Llandegfan Anglesey A vila orixinal, Hen Llandegfan, localizábase no antigo camiño dende o cruzamento do Estreito de Menai en Porthaethwy vía Pentraeth cara a Beaumaris.[18]
18
Castelo Beaumaris Anglesey É a antiga cidade condal da illa de Anglesey e localízase na costa da entrada leste do Estreito de Menai.[19]
19
Pena Penmon Anglesey Atópase a uns 5 km ó leste da cidade de Beaumaris, na comunidade de Llangoed.[20]
20
Illa Illa Puffin Anglesey Trátase dunha illa deshabitada localizada no extremo oriental de Anglesey.[21]
21
Baía Traeth Coch Anglesey É unha ampla baía de area e unha zona de gran beleza natural, na costa leste.[22]
22
Vila Benllech Anglesey Atópase na comunidade de Llanfair-Mathafarn-Eithaf. Ten 3.408 habitantes.[23]
23
Vila Moelfre Anglesey Foi o lugar do naufraxio en 1859 do Royal Charter no final da súa viaxe dende Australia ata Liverpool.[24]
24
Monumento conmemorativo Memorial Royal Charter Anglesey Monumento do naugraxio do Royal Charter, barco que viaxaba dende Australia a Liverpool onde morreron 459 persoas.[25]
25
Baía Dulas Bay Anglesey É unha pequena baía na costa norte rodeada por tres praias.[26]
26
Vila Amlwch Anglesey Coñecido polo seu patrimonio industrial, é a localidade máis setentrional de Gales.[27]
27
Vila Bull Bay Anglesey A liña da costa é rochosa e alberga moitas covas. Algunhas destas rochas teñen uns 570 millóns de anos, o que as sitúan entre as máis antigas de Gales.[28]
28
Parroquia Llanbadrig Anglesey Anacos do filme de 2006 Half Light, protagonizada por Demi Moore, rodáronse en Llanbadrig, aínda que o filme localízase principalmente en Escocia.[29]
29
Vila Cemaes Anglesey Localizada na baía de Cemaes, é unha Área de Destacada Beleza Natural, en parte propiedade da Fundación Nacional para Lugares de Interese Histórico ou Beleza Natural.[30]
30
Central nuclear Wylfa Nuclear Power Station Anglesey Wylfa foi a derradeira central de Magnox que se construirá no Reino Unido. Actualmente é a única central de Magnox en funcionamento no mundo.[31]
31
Lagoa Lagoa Cemlyn Anglesey Cemlyn é unha baía e lagoa na costa noroeste de Anglesey, aproximadamente a 2,5 km ó oeste da central nuclear Wylfa, dentro da comunidade de Cylch-y-Garn.[32]
32
Pena Carmel Head Anglesey Carmel Head é unha destacada pena costeira na punta noroeste da illa de Anglesey.[33]
33
Terraplén Stanley Embankment Anglesey É un terraplén con ferrocarril, estrada e carril bici que conecta a illa de Anglesey e Holy.[34]
34
Parque Penrhos Country Park Anglesey Atópase a carón da autoestrada A55, á beira da baía Beddmanarch.[35]
35
Cidade Holyhead Anglesey Cunha poboación de 11.237 habitantes, é a meirande cidade do condado de Anglesey.[36]
  1. 1,0 1,1 Rogers, Carl (2010) [2005]. Walking the Isle of Anglesey Coastal Path. Frodsham: Mara Books. ISBN 978-1-902512-15-0. 
  2. Holyhead. "Holyhead Anglesey North Wales" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  3. Anglesey History. "Anglesey History" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  4. Joint Nature Conservation Commitee. "Glannau Ynys Gybi/ Holy Island Coast" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  5. Trearddur Bay. "Trearddur Bay Now Online" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2014. Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  6. Agnglesey-Hidden-Gem. "Rhoscolyn Lifeboat Tragedy December 3 1920" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  7. Rhosneigr on line. "Welcome to our site" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2014. 
  8. Wonder Mondo. "Barclodiad e Gawres" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  9. Peoples Collection Wales. "The depositions, arguments and judgement in the cause of the church-wardens of Trefdraeth" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  10. Aberffraw.org. "Welcome to the Aberffraw Village Website" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2013. Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  11. Britain Express. "Llangadwaladr, St Cadwaladr's Church" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2014. 
  12. Anglesey History. "Llanddwyn Island" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  13. Structurae. "Britannia Bridge" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  14. Beaumarislifeboat. "Information about the Swellies" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2014. 
  15. Menai bridges. "Church Island and the church of St. Tysilio" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2014. 
  16. Structurae. "Menai Suspension Bridge" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2014. 
  17. "Treftadaeth Menai Heritage" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2014. 
  18. Geograph. "Search Results" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2014. 
  19. Vision of Britain. "Beaumaris Anglesey" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2014. 
  20. UK Attraction. "Penmon Priory" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2013. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  21. Join Nature Conservation Committee. "Ynys Seiriol / Puffin Island" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  22. GeoHack. "GeoHack - Traeth Coch" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2014. [Ligazón morta]
  23. Neigbourhood Statistics. "Neighbourhood Statistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  24. Oficina de Estatística Nacional de Gales. "Cyfrifiad 2011: Ystadegau Allweddol ar gyfer Cymru, Mawrth 2011" (en galés). Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  25. Alexander McKee (1986). The Golden Wreck: the tragedy of the "Royal Charter". Souvenir Press. ISBN 0-285-62745-7. 
  26. Genuki. "Llangwyllog" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  27. Copper Kingdom. "Welcome to The Copper Kingdom, Amlwch, Anglesey" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  28. Ynys Môn Rowing Club. "Trireme Ynys Môn Rowing Club" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  29. Anglesey Today. "Llanbadrig Church, Anglesey" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  30. Cemaes Bay. "Croeso/Welcome to Cemaes Bay" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  31. Magnoxsites. "Wylfa" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  32. Sea Fishing & Walking in the UK. "Catching a Few at Cemlyn, Anglesey" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  33. Countryside Council for Wales. "Carmel Head" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  34. All about Anglesey. "Four Mile Bridge, or Pont Rhydybont" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  35. Anglesey Heritage. "Welcome to the Isle of Anglesey" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2007. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  36. Holyhead. "Welcome to Holyhead.com" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]