Saltar ao contido

Shane MacGowan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShane MacGowan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Shane Patrick Lysaght MacGowan Editar o valor en Wikidata
25 de decembro de 1957 Editar o valor en Wikidata
Pembury, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Dublín (Irlanda) Editar o valor en Wikidata
EducaciónWestminster School
Holmewood House School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica, música rock e música punk Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmúsico, deseñador, Cantante de rock, actor de cinema, cantante, cantautor, letrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata - 2023 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFolk e punk rock Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVictoria Mary Clarke Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webshanemacgowan.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0532287 Allocine: 132973
Spotify: 68lZHeroea1NAuEDsfBUjv Last fm: Shane+MacGowan Musicbrainz: 29bec046-e58b-4b9e-9853-c0bdeb84a5c7 Songkick: 110087 Discogs: 257024 Allmusic: mn0000792831 WikiTree: MacGowan-205 Editar o valor en Wikidata

Shane Patrick Lysaght MacGowan, coñecido popularmente como Shane MacGowan, nado en Tunbridge Wells, Pembury, condado de Kent, o 25 de decembro de 1957, e finado o 30 de novembro de 2023, foi un poeta, músico, cantante e compositor irlandés da banda británica The Pogues.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

MacGowan naceu en 1957 nunha familia irlandesa. MacGowan pasou a súa infancia na cidade de Tipperary, pero trasladouse a Inglaterra aos seis anos e medio, cando a súa familia se trasladou. Viviu en Brighton e Londres, entre outros lugares do país. A nai de MacGowan, Teresa, era cantante e bailarina tradicional irlandesa e traballara como modelo en Dublín. En 1971, despois de asistir á Holmewood House School en Langton Green, Kent, MacGowan gañou unha bolsa de literatura e foi aceptado na Wastminster School, unha universidade do Reino Unido situada preto das Casas do Parlamento. Castigado no segundo ano por posesión de drogas, Shane foi expulsado da institución.[3]

A súa primeira aparición que marcou o inicio da súa carreira foi en 1976 nun concerto organizado pola banda de punk inglesa The Clash, cando o seu lóbulo da orella fora danado por Jane Crockford, que máis tarde se convertería en membro de The Mo-Dettes. Un fotógrafo obtivo unha foto de MacGowan cuberto de sangue e foi publicado co titular "Cannibalism At Clash Gig".[4] [5]

En 2014 anunciaron que The Pogues deixaban de tocar. Aínda que a banda nunca actuou en Galiza, foi unha grande influencia para músicos galegos.[6] No verán de 2002 actuou na Coruña co seu outro grupo, The Popes.[2]

Pasamento

[editar | editar a fonte]
Shane MacGowan na banda The Pogues en 2006

Shane MacGowan morreu o 30 de novembro de 2023 aos 65 anos, despois dunha longa doenza.[2][7]

Músicos e celebridades como Johnny Depp e Nick Cave homenaxearon a MacGowan no seu funeral en Irlanda. O ex presidente do Sinn Féin, Gerry Adams, e o presidente irlandés, Michael D. Higgins, tamén foron convidados á igrexa de Tipperary. O cantante Bono de U2 enviou unha lectura gravada.[8]

O servizo funerario incluíu varias actuacións musicais organizadas polo compositor Glen Hansard, quen tamén interpretou xunto a outros músicos a canción "Fairytale of New York", que foi bailada pola familia de MacGowan.[9]

Documentais

[editar | editar a fonte]

A vida de Shane MacGowan foi transmitida ao público nos documentais:

  • If I Should Fall from Grace - The Shane MacGowan Story (2003)
  • The Great Hunger. Documental da BBC sobre Shane.

Discografía

[editar | editar a fonte]

The Nips/Nipple Erectors

[editar | editar a fonte]
  • Bops, Babes, Booze & Bovver (2003)

Singles- The Pogues

[editar | editar a fonte]

Singles solo

[editar | editar a fonte]
  • "What a Wonderful World" (con Nick Cave)
  • "The Church of the Holy Spook" (con The Popes)
  • "That Woman's Got Me Drinking"
  • "Haunted" (con Sinéad O'Connor)
  • "My Way"
  • "I Put a Spell on You" (con Nick Cave, Chrissie Hynde, Mick Jones, Johnny Depp, Bobby Gillespie, Glen Matlock, Paloma Faith e Eliza Doolittle)

Participacións

[editar | editar a fonte]
  • Red Roses for Me (1984)
  • Rum Sodomy & the Lash (1985)
  • If I Should Fall from Grace with God (1988)
  • Peace and Love (1989)
  • Hell's Ditch (1990)
  • The Snake (álbum)| The Snake (1995)
  • The Crock of Gold (1997)
  • Across the Broad Atlantic: Live on Paddy's Day - New York and Dublin (2002)

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Eat the Rich - 1987
  • Straight to Hell - 1987
  • The Filth and the Fury - 2000
  • Westway to the World - 2002
  • The Libertine - 2005
  • Harry Hill's TV Burp - 2007
  • Harry Hill's TV Burp - 2010
  1. EFE (2023-11-30). "Morre Shane MacGowan, líder de The Pogues". Opinión de A Coruña. Consultado o 2023-11-30. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Morre Shane MacGowan, líder de The Pogues, compositor, cantante e poeta irlandés". G24. Consultado o 2023-11-30. 
  3. Rogan, Johny (1998-09-26). "Rebel yell". The Irish Post. Consultado o 2007-02-13. 
  4. Cannibalism At Clash Gig, Daily Mail, 12 Jan 1976
  5. Michael Madden, Ingrid Knetsch, Juergen Schmitz. "Shane Macgowan". Arquivado dende o orixinal o 2009-06-08. Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  6. Diario, Nós (2014-07-13). "Anúnciase a despedida de The Pogues, grande influencia en varios grupos do rock galego". Nós Diario. Consultado o 2023-11-30. 
  7. Snapes, Laura (30-11-2023). "Shane MacGowan, Pogues songwriter and Irish music legend, dies aged 65". The Guardian (en inglés). Consultado o 30-11-2023. 
  8. "Shane MacGowan: Tribute to 'trailblazer' at Tipperary funeral". BBC News (en inglés). 2023-12-08. Consultado o 2023-12-09. 
  9. "Shane MacGowan funeral: Key speeches and performances from a service of tributes" (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  10. Falkiner, Keith, "Shane's Sunny Delight"; The Irish Star, 21 Nov 2010

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]