Saltar ao contido

Shiyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shiyan, tamén coñecidos como SY, é o nome dunha serie de satélites da República Popular da China adicados a facer diversos experimentos e probar novas tecnoloxías no espazo. Os primeiros SY lanzáronse en 2004.[1]

Shiyan 1 e 2

[editar | editar a fonte]

Shiyan 1 e 2 foron os dous primeiros satélites da serie Shiyan en ser lanzados. Os dous engalaron a bordo de foguetes Longa Marcha 2C, o primeiro o 18 de abril de 2004 e o segundo o 18 de novembro do mesmo ano. Tiñan unha masa de 204 kg e levaban un sistema experimental de imaxe dixital capaz de obter imaxes estereográficas da superficie terrestre con usos civís e militares.[2][1]

Shiyan 3 e 4

[editar | editar a fonte]

Shiyan 3 e 4 foron lanzados mediante foguetes Longa Marcha 2D o 5 de novembro de 2008 e o 20 de novembro de 2011 respectivamente. Cunha masa de 204 kg, tamén foron adicados a probar un sistema experimental de imaxe dixital.[3][1]

Shiyan 5 usaba o bus CAST 1000 e foi lanzado mediante un Longa Marcha 2D para facer probas dun sistema de sensores remotos.[4][1]

Shiyan 6 1, 2 e 3

[editar | editar a fonte]

Os tres satélites Shiyan 6 foron lanzados entre 2018 e 2021 mediante foguetes CZ-2D e CZ-4B para estudar a contorna espacial, pero non se coñecen máis detalles dos mesmos.[5][1]

Ás veces referido como Shiyan 7A e Shiyan 7B, Shiyan 7 (tamén denominado Tansuo 7) foi lanzado o 19 de xullo de 2013 mediante un CZ-4C para, unha vez en órbita, despregar un subsatélite (Shiyan 7B). O satélite principal levaba un brazo robótico e ambos satélites fixeron manobras e probas conxuntas, acoplándose e desacoplándose varias veces. A masa conxunta dos satélites era de 204 kg.[6][1]

Shiyan 9 foi lanzado a bordo do segundo CZ-7A en engalar, o 11 de marzo de 2021, para facer experimentos non determinados.[7][1]

Shiyan 10 1 e 2

[editar | editar a fonte]

O primeiro satélite Shiyan 10 foi lanzado nun Longa Marcha 3B o 27 de setembro de 2021. Aparentemente sufriu problemas no seu sistema de enerxía. Un segundo Shiyan 10 foi lanzado no mesmo tipo de foguete o 29 de decembro de 2022.[8][1]

Shiyan 11

[editar | editar a fonte]

Shiyan 11 foi lanzado a unha órbita de 489 x 502 km de altura e 97,45° de inclinación orbital o 24 de novembro de 2021 mediante un foguete Kuaizhou 1A.[9][1]

Shiyan 12 1 e 2

[editar | editar a fonte]

Shiyan 12 1 e 2 tamén foron coñecidos en conxunto como HOTS (High Orbit Test Satellite) e o seu propósito é descoñecido. Ambos foron lanzados a bordo dun CZ-7A o 23 de decembro de 2021.[10][1]

Shiyan 13

[editar | editar a fonte]

Shiyan 13 engalou a bordo dun CZ-2D o 17 de xaneiro de 2022 a unha órbita de 468 x 493 km e 97,44° de inclinación.[11][1]

Shiyan 14

[editar | editar a fonte]

Shiyan 14 foi un satélite experimental con fins descoñecidos lanzado a bordo dun Kuaizhou 1A o 24 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 15.[12][1]

Shiyan 15

[editar | editar a fonte]

Shiyan 15 foi lanzado no mesmo foguete Kuaizhou 1A que Shiyan 14, aínda que tiñan fins distintos. Está adicado á observación da Terra para mellorar a planificación urbanística, o estudo da superficie e a prevención e mitigación de desastres naturais.[13][1]

Shiyan 16A e 16B

[editar | editar a fonte]

Shiyan 16A e 16B foron lanzados cunha misión similar á de Shiyan 15. Engalaron no mesmo foguete CZ-6 o 26 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 17.[14][1]

Shiyan 17

[editar | editar a fonte]

Shiyan 17 ten unha misión parecida á de Shiyan 16A, 16B e Shiyan 15 e foi lanzado no mesmo foguete que os dous primeiros.[15][1]

Shiyan 19

[editar | editar a fonte]

Shiyan 19 foi lanzado cunha misión experimental descoñecida a bordo dun foguete Longa Marcha 11 o 15 de marzo de 2023.[16][1]

Shiyan 20A, 20B e 20C

[editar | editar a fonte]

Os tres satélites Shiyan 20 foron lanzados a órbita cunha misión experimental non especificada. Shiyan 20A e Shiyan 20B engalaron o 12 de decembro de 2022 a bordo dun CZ-4C, mentres que Shiyan 20C fixo o propio o 29 de outubro dese mesmo ano pero a bordo dun CZ-2D.[17][1]

Shiyan 21

[editar | editar a fonte]

Shiyan 21 é un satélite experimental con obxectivos non coñecidos lanzado a bordo dun CZ-11 o 16 de decembro de 2022.[18][1]

Shiyan 22A e 22B

[editar | editar a fonte]

Os dous satélites Shiyan 22 chegaron a órbita no mesmo foguete CZ-2D o 13 de xaneiro de 2023 coa misión de estudar novas tecnoloxías para estudar a contorna espcial.[19][1]

Shiyan 23

[editar | editar a fonte]

Shiyan 23 foi lanzado mediante un foguete CZ-4C o 11 de maio de 2024. Está adicado á monitorización da contorna espacial.[20][1]

Shiyan 24A, 24B, 24C-1, 24C-2 e 24C-3

[editar | editar a fonte]

Os cinco satélites Shiyan 24 son demostradores tecnolóxicos lanzados os dous primeiros (Shiyan 24A e 24B) nun Lijian-1 o 7 de xuño de 2023, mentres que os tres últimos o foron nun CZ-11H o 25 de decembro de 2023.[21][1]

Shiyan 25

[editar | editar a fonte]

Shiyan 25 foi lanzado a órbita o 20 de xuño de 2023 a bordo dun Longa Marcha 6 para probar novas tecnoloxías de observación da Terra.[22][1]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20]
Shiyan 1 18 de abril de 2004 CZ-2C Éxito
Shiyan 2 18 de novembro de 2004 CZ-2C Éxito
Shiyan 3 5 de novembro de 2008 CZ-2D Éxito
Shiyan 4 20 de novembro de 2011 CZ-2D Éxito
Shiyan 7A 19 de xullo de 2013 CZ-4C Éxito
Shiyan 7B 19 de xullo de 2013 CZ-4C Éxito
Shiyan 5 25 de novembro de 2013 CZ-2D Éxito
Shiyan 6 1 19 de novembro de 2018 CZ-2D Éxito
Shiyan 6 2 4 de xullo de 2020 CZ-2D Éxito
Shiyan 9 11 de marzo de 2021 CZ-7A Éxito
Shiyan 6 3 8 de abril de 2021 CZ-4B Éxito
Shiyan 10 1 27 de setembro de 2021 CZ-3B Éxito
Shiyan 11 24 de novembro de 2021 KZ-1A Éxito
Shiyan 12 1 23 de decembro de 2021 CZ-7A Éxito
Shiyan 12 2 23 de decembro de 2021 CZ-7A Éxito
Shiyan 13 17 de xaneiro de 2022 CZ-2D Éxito
Shiyan 14 24 de setembro de 2022 KZ-1A Éxito
Shiyan 15 24 de setembro de 2022 KZ-1A Éxito
Shiyan 16A 26 de setembro de 2022 CZ-6 Éxito
Shiyan 16B 26 de setembro de 2022 CZ-6 Éxito
Shiyan 17 26 de setembro de 2022 CZ-6 Éxito
Shiyan 20C 20 de outubro de 2022 CZ-2D Éxito
Shiyan 20A 12 de decembro de 2022 CZ-4C Éxito
Shiyan 20B 12 de decembro de 2022 CZ-4C Éxito
Shiyan 21 16 de decembro de 2022 CZ-11 Éxito
Shiyan 10 2 29 de decembro de 2022 CZ-3B Éxito
Shiyan 22A 13 de xaneiro de 2023 CZ-2D Éxito
Shiyan 22B 13 de xaneiro de 2023 CZ-2D Éxito
Shiyan 19 15 de marzo de 2023 CZ-11 Éxito
Shiyan 24A 7 de xuño de 2023 Lijian-1 Éxito
Shiyan 24AB 7 de xuño de 2023 Lijian-1 Éxito
Shiyan 25 20 de xuño de 2023 CZ-6 Éxito
Shiyan 24C-1 25 de decembro de 2023 CZ-11H Fallo
Shiyan 24C-2 25 de decembro de 2023 CZ-11H Éxito
Shiyan 24C-3 25 de decembro de 2023 CZ-11H Éxito
Shiyan 23 11 de maio de 2024 CZ-4C Éxito
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 Mark Wade (2024). "SY 1,2" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 1, 2 (SY 1, 2, TS 1, 2)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 3, 4 (SY 3, 4 / TS 3, 4)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 5 (SY 5)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 6-01, 02, 03 (SY 6-01, 02, 03)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 7A, 7B (SY 7A, 7B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 9 (SY 9)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 10-01, 02" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 11 (SY 11)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 12-01, 02 (SY 12-01, 02)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 13 (SY 13)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 14 (SY 14)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 15 (SY 15)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 16A, 16B (SY 16A, 16B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 17 (SY 17)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 19 (SY 19)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 20A, 20B, 20C (SY 20A, 20B, 20C)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 21 (SY 21)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 22A, 22B (SY 22A, 22B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 23 (SY 23)" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 24A, 24B (SY 24A, 24B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 25 (SY 25)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]