Shot
Shot | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Jesus Lizard | ||||
Publicado | 16 de abril de 1996 | |||
Gravación | outono de 1995 | |||
Duración | 43:00 | |||
Xénero(s) | noise rock | |||
Selo(s) | Capitol Records | |||
Produtor | GGGarth, The Jesus Lizard | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Shot é un álbum da banda estadounidense de noise rock The Jesus Lizard, publicado o 16 de abril de 1996 a través do selo Capitol Records. Impresionado polo seu traballo no disco Houdini dos Melvins, o grupo contratou ao produtor GGGarth para gravar este traballo. Destaca deste álbum unha produción moi distinta das voces de David Yow, que son moito máis claras e altas na mestura en comparación con anteriores gravacións.
Este é o primeiro álbum de estudio da banda que non foi producido por Steve Albini, ademais de ser o seu primeiro editado por Capitol. Tense falado moito sobre que Albini negouse a traballar coa banda debido a que asinaran cun selo grande, a pesar de que o produtor o negou en comentarios realizados nunha recensión, aparecida na páxina web de Paste Magazine, tras a reedición en 2009 do disco a través de Touch and Go Records.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por The Jesus Lizard.
- "Thumper" - 3:31
- "Blue Shot" - 4:13
- "Thumbscrews" - 3:10
- "Good Riddance" - 3:15
- "Mailman" - 3:26
- "Skull of A German" - 3:42
- "Trephination" - 3:34
- "More Beautiful Than Barbie" - 2:50
- "Too Bad About The Fire" - 4:00
- "Churl" - 2:53
- "Now Then" - 2:34
- "Inamorata" - 3:05
- "Pervertedly Slow" - 2:40
- "Shut Up" (canción extra só no CD xaponés)
- "Bad Guy" (canción extra só no CD xaponés)