Silvia Penide
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | música |
Xénero artístico | Música pop |
Páxina web | silviapenide.com |
Silvia Penide, nada na Coruña en 1979, é unha cantante e guitarrista galega. Como cantautora conta con seis traballos discográficos, de estilo pop acústico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a tocar a guitarra con 14 anos, e axiña empezou a compoñer. En 1997 autoeditou a súa primeira maqueta, Alicerce. Repetiu o formato con Azul (1999) e Mundo de cuerdos (2001). Silvia Penide é unha autora de cancións moi directas que conectan co público e que comezan a ver a luz no seu primeiro LP Kilómetros (2003), do que se venderon 2000 copias en Galicia en pouco tempo. A súa traxectoria segue a madurar con Invisible (2005) e Desafinante Crónica (2007) que chega a soar en diferentes programas de Radio3 ou M80, entre outras emisoras.
Con frecuentes concertos por toda a Península e en salas de países como Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemaña, o particular universo de Penide nútrese dun cada vez maior número de seguidores fieis á súa proposta. O seu é un pop contundente, cheo de matices e moi coidado.
Tras o seu EP, Las Erres Dobles (2010), gravado con Juan de Dios Martín, produtor entre outros de Amaral, e a publicación de Animal de Compañía (2012), Silvia Penide dá un paso máis aló conseguindo estar en boca de moitos con boas críticas e mencións de publicacións como Mondo Sonoro ou Rolling Stone. Reedita este último disco cun cuarteto de cordas en 2014, o que a leva a formar parte dos Escenarios Cómplices de Mahou, xunto a nomes como La Fuga ou Los Secretos. Queda finalista nos Premios Martín Codax da Música, toca no Festival da Luz, que amadriña a cantante Luz Casal e entra en varios circuítos como a Rede Galega de Música ao Vivo e toca no Festival Noroeste Estrella Galicia.
Tras compartir palco con artistas como Annie B. Sweet, Mäbu, Mercedes Peón, en xaneiro de 2016 estrea Todo pintado de plata, gravado por Celso Madriñán, recoñecido músico galego que participou como guitarrista na xira de bandas como Marlango entre outras, no que participan na produción musical Félix Arias, 50% de Lovely Luna xunto a Xoel López, e conxuntamente con Arturo Vaquero, nomeado ao Premios Goya 2010 á mellor canción orixinal. Consegue esta vez o Premio Martín Codax na categoría Pop/Indie e non deixa de xirar en espazos como Paseantes, O mar nunha flor, Os Xoves de Códax, Atlantic Fest e os Xoves de música no Teatro Colón da Coruña.
En 2018 comeza a gravación do seu proxecto El efecto Boomerang nos estudos de David San José, un traballo de temas que axudan, aledan e fan medrar [1].
Realizou a banda sonora da curtametraxe de Olaia Sendón, Os fabulosos irmáns da luz[2][3](2008) xunto con Alejandro Masafret, e o documental da mesma autora, Kauflanders [4] (2016).
Discografía
[editar | editar a fonte]Ano | Nome | DIscográfica | Formato |
---|---|---|---|
1997 | Alicerce | autoeditado | maqueta |
1999 | Azul | autoeditado | maqueta |
2001 | Mundo de cuerdos | autoeditado | maqueta |
2003 | Kilómetros | autoeditado | LP |
2005 | Invisible | Falcatruada | LP |
2007 | Desafinante Crónica | Falcatruada | LP |
2010 | Las Erres Dobles | autoeditado | EP |
2012 | Animal de compañía | autoeditado | LP |
2014 | Reedición de Animal de Compañía + DVD | autoeditado | LP |
2016 | Todo pintado de plata | crowfunding | LP |
2018 | El efecto Boomerang |
Ano | Título | Dirección |
---|---|---|
2008 | Os fabulosos irmáns da luz | Olaia Sendón |
2016 | Kauflanders | Olaia Sendón |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Todo pintado de plata deixa paso a El efecto Boomerang". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2018.
- ↑ "Ficha en culturagalega.gal".
- ↑ fabulosos en Vimeo
- ↑ "Ficha en Filmaffinity.com".