Snapdragon (xogo)
Xogo tradicional de apañar e comer froita ardente | |
---|---|
Xénero | Xogo de festa, tradicional do Nadal |
Subxénero | Xogo de agarrar |
Orixe | Reino Unido |
Data de publicación | Antigo (con referencias desde o século XVII) |
Sistema | Manual (sen necesidade de sistemas electrónicos ou de xogo) |
Xogadores | Variable (normalmente varios xogadores arredor dunha mesa) |
Idades | Todas |
Preparación | Baixa |
Duración | Até que as pasas se esgoten ou que os xogadores decidan parar |
Complexidade | Baixa |
Estratexia | Baixa |
Azar | Medio (dependendo de como as pasas caen na chama) |
Habilidades | Axilidade, impulsividade ou valentía |
Baseado en | Tradicións festivas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Snapdragon era un xogo social tradicional inglés, popular durante o século XIX, particularmente ao redor das festividades de Nadal. O xogo implicaba acender brandy nunha cunca, na que estaban somerxidas ameixas ou uvas pasas ou froitos secos. Os participantes tentaban "pescar" e comer os froitos directamente da cunca ardente, malia o risco de queimarse.
Descrición
[editar | editar a fonte]O brandy bótase nun prato ou cunca pouco profundo. Engádense pasas (ou outros froitos secos) e acéndese o brandy. As luces da sala atenúanse, e os xogadores, por quendas, tentan pescar o maior número de pasas do líquido ardente coas mans e comelas, mesmo cando aínda están a arder. Noutras versións gaña o que come unha pasa marcada. Algúns comentaristas, como Michael Faraday, aconsellaban quentar previamente o brandy e as pasas "para un efecto máis espectacular".
Referencias literarias
[editar | editar a fonte]- Lewis Carroll menciona o xogo de Snapdragon no seu poema "A sea dirge", que forma parte da obra Rhyme? And Reason? e no libro Alicia do outro lado do espello (1871). Na película de Tim Burton Alice in Wonderland, Alicia atopa moscas Snapdragon, con forma de dragón.
- Charles Dickens tamén fai referencia ao xogo en "The Pickwick Papers", onde describe como un dos personaxes, o señor Weller, xoga a Snapdragon na véspera de Nadal.
- No Book od Days de Robert Chambers (1879), descríbese que o xogo vai acompañado dun canto.
Agatha Christie
[editar | editar a fonte]No libro de Agatha Christie The Snow White Party (1969), unha nena é asasinada durante un xogo de Snapdragon ao comezo da trama. Na adaptación cinematográfica da serie Poirot de Agatha Christie, o xogo móstrase en detalle, e o canto mencionado por Chambers aparece repetidamente para acompañar a acción.
Michael Faraday
[editar | editar a fonte]Michael Faraday menciona o xogo Snapdragon no seu ensaio Natural History of a Candle (1861) e explica os antecedentes científicos do fenómeno da combustión.
Lingua
[editar | editar a fonte]A obra Lingua, or the Combat of the Tongue (1607) de Thomas Tomkis suxire que o xogo se remonta a Hércules, para conmemorar a súa batalla co dragón que cuspe lume no Xardín das Hespérides.
Charles Dickens
[editar | editar a fonte]Charles Dickens, na súa primeira novela The Pickwickians, ten o personaxe principal, Samuel Pickwick, que xoga a este xogo.
Juliana Horatia Ewing
[editar | editar a fonte]Na historia Snap-Dragons (1888) de Juliana Horatia Ewing, os Snap-Dragons cobran vida despois do xogo e son educadores para un Harry contencioso.
Elbridge Streeter Brooks
[editar | editar a fonte]Na historia curta Master Sandy's Snapdragon (arredor de 1890) de Elbridge Streeter Brooks, o príncipe Carlos, de once anos, recibe a "pasa da sorte" en 1611 e pídelle ao seu pai o rei James a liberación de Walter Raleigh como premio gañador.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Elbridge Streeter Brooks (2003). Asa Don Dickinson, Ada M. Skinner, ed. Master Sandy's Snapdragon (reimpresón). IndyPublish.com. The Children's Book of Christmas Stories (en inglés) (Whitefish). ISBN 1-4043-4637-6. Consultado o 2010-07-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- First-foot
- Mummers
- Wassailing
- O Nadal na cultura popular británica
- O Nadal na cultura popular galega
- O Nadal na cultura popular islandesa
- Queimada
- Xogo social
Ligazóns web
[editar | editar a fonte]- Fitzgerald, Waverly: Playing Snapdragon Arquivado 11 de agosto de 2020 en Wayback Machine.. En: School of the Seasons. 28 de xullo de 2009.