Solea aegyptiaca
Solea aegyptiaca Linguado de Exipto | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Solea aegyptiaca Chabanaud, 1927 |
Solea senegalensis Chabanaud, 1927 é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como linguado de Exipto.[2]
É unha especie moi semellante ao linguado común (S. solea), coa que adoito se confunde, que habita nas costas do Mediterráneo oriental, desde Tunisia e o extremo sur do mar Adriático até Exipto.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1927 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome orixinario, e actualmente válido, que lle impuxo Chabanaud, a especie coñécese tamén polo sinónimo Solea vulgaris aegyptiaca Chabanaud, 1927,[1] é dicir, como subespecie de Solea vulgaris, que definira Quensel en 1806, no seu traballo Försök att närmare bestämma och naturligare uppställa svenska arterna af flunderslägte. K. Sven. Vetenskapsakad. Handl. vol. 27, pp. 44–56 e 203-233,[3] e que hoxe está idenfificada como Solea solea.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Moi semellante a Solea solea, o linguado común, do que difire só nalgúns detalles anatómicos e da coloración:
- A membrana que une as aletas dorsal e anal coa aleta caudal é moi reducida, con respecto á máis desenvolvida do linguado común.
- O lado pigmentado do corpo está salferido de puntos azuis, como no linguado do Senegal, do que se distiungue pola cor da pectoral.
- A aleta pectoral do lado pigmentado é clara; esta son claras na metade anterior, e negra na metade externa.
- A aleta caudal non presenta o bordo escuro.
O tamaño máximo desta especie é de [4]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que adoita habitar a profundidades de até os 100 m,[5] en augas subtropicais do Mediterráneo oriental, desde Tunisia e o sur do mar Adriático até Exipto, inclñuíndo o canal de Suez.[6]
Predominantemente litoral, vive en fondos areosos ou lamacentos, até os 100 m de profundidade.[6]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntase basicamente de invertebrados bentónicos, como vermes poliquetos, cnidarios, moluscos bivalvos e pequenos crustáceos.[6]
Especie semellante
[editar | editar a fonte]A miúdo confúndese coa especie simpátrica Solea vulgaris Quensel 1806, un sinónimo de Solea solea (Linnaeus, 1758.[6]
Pesca
[editar | editar a fonte]Solea aegyptiaca captúrase na súa área de distribución, na zona de pesca 37 (Mediterráneo).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Solea aegyptiaca Chabanaud, 1927 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.
- ↑ 3,0 3,1 Solea vulgaris Quensel, 1806 no WoRMS.
- ↑ Desoutter, M. (1986): "Soleidae", pp. 430-431, en: J. Daget, J.-P. Gosse & D. F. E. Thys van den Audenaerde, eds. Check-list of the freshwater fishes of Africa (CLOFFA). ISNB, Brussels; MRAC, Tervuren; and ORSTOM, Paris. Vol. 2.
- ↑ FAO EastMed Project (2013): Species identification plates, Arabic/Egyptian/English version 2013. FAO EastMed Project.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Solea aegyptiaca Chabanaud, 1927 en FishBase.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solea aegyptiaca |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bauchot, M. L. (1987): "Poissons osseux", pp. 891–1421, en: W. Fischer, M. L. Bauchot & M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Roma: Commission des Communautés Européennes et FAO.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Solea aegyptiaca Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na EOL. Con informacións, imaxe e mapa de distribución (en inglés).
- Solea aegyptiaca na ADW.