Solla de California
Solla de California | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Eopsetta jordani (Lockington, 1879) [1] |
A solla de California[2] (Eopsetta grigorjewi) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das dúas recoñecidas actualmente no xénero Eopsetta.[1]
Trátase dunha especie de grande importancia comercial, que se captura ao longo da costa oeste dos Estados Unidos e o Canadá, e no mar de Bering, fundamentalmente con artes de arrastre.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1879 polo zoólogo inglés residente en California (Estados Unidos) William Neale Lockington, baixo o nome de Hippoglossoides jordani,[1] quen a dediou ao seu colega David Starr Jordan, iniciador dos estudos da ictioloxía nos Estados Unidos.[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta especie é un peixe plano cos dous ollos situados no lado dereito do seu corpo ovalado. A cara superior, pigmentada, é e coloración uniforme parda escura, e a inferior é branca, ás veces con tonalidades rosadas. Ten unha gran boca con dúas fileiras de dentes pequenos, en forma de frecha, na mandíbula superior, e unha soa fileira na inferior.[5]
Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 53 cm nos machos e de até os 70 cm nas femias. O tamaño medio dos espécimes capturados é de 42,5 cm. O peso máximo rexistrado foi de 3,7 kg .[6]
A súa columna vertebral está formada por de 41 a 44 vértebras. A aleta dosal presenta de 87 a 101 raios, e a anal de 67 a 79. A orixe da aleta dorsal sitúase á altura do medio do ollo. A aleta caudal remata nunha ampla 'V'.[7]
Hábitat, bioloxía e usos
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño, demersal, que vive en fondos de entre os 0 e os 550 m de profundidade,[8] nas costas do océano Pacífico norte, entre os 67° N e os 31° N, desde o mar de Bering e Alasca até as illas Coronado, ao norte da Baixa California (México).[7][9]
Os adultos viven sobre fondos de area,[10] xeralmente en augas profundas.[11]
Poden vivir até os 35 anos.[12]
Aliméntanse de invertebrados e peixes bentónicos.[4]
Eopsetta jordani é unha especie comestíbel e moi apreciada gastronomicamente que se pesca activamente con artes de arrastre,[3] nas zonas 67 e 77 (Pacífico leste e acíficoi centro-leste, respectivamente).[2]
Comercialízase en fresco ou como filetes conxelados,[10] e consómese cocido ao vapor, frito, asado no forno ou en fornos microondas.[6]
O fígado dos exemplares grandes son unha boa fonte de vitamina A.[4]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) declarou en 2010 o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que, a pesar da pesca comercial de que é obxecto, e das flutuacións naturais das súas poboacións, non hai evidencias para suxerir que se cualifique a especie en ningunha das categorías de ameaza. Na actualidade, as poboacións están recuperándose. Porén, cómpre facer un seguimento dos niveis de poboación e das capturas para asegurar que as medidas actuais de axuda á recuperación do stock son suficientes para reconstruír a poboación da especie.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Eopsetta jordani (Lockington, 1879) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.
- ↑ 3,0 3,1 Han-Lin Lai1, Melissa A Haltuch, André E. Punt & Jason M. Cope: "Stock Assessment of Petrale Sole: 2004" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. US National Marine Fisheries Service. (Data de acceso: 17-06-2015).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Hart, J .L. (1973): "Pacific fishes of Canada". Bull. Fish. Res. Board Can. 180: 740.
- ↑ Petrale Sole - Eopsetta jordani en FishWatch. National Marine Fisheries Service. 14 de maio de 2009. (Data de acceso: 26-06-2015).
- ↑ 6,0 6,1 Fadeev, N. S. (2005): Guide to biology and fisheries of fishes of the North Pacific Ocean. Vladivostok, TINRO-Center.
- ↑ 7,0 7,1 Eopsetta jordani (Lockington, 1879) en FishBase.
- ↑ Allen, M. J. and G. B. Smith (1988): Atlas and zoogeography of common fishes in the Bering Sea and northeastern Pacific. NOAA Tech. Rep. NMFS 66.
- ↑ 9,0 9,1 Eopsetta jordani na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.2
- ↑ 10,0 10,1 Eschmeyer et al. (1983).
- ↑ Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Oxford, England: Fishing News Books, Osney Mead.
- ↑ Munk, K. M. (2001): "Maximum ages of groundfishes in waters off Alaska and British Columbia and consideration of age determination". Alaska Fish. Res. Bull. 8 (1): 12-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
- Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald e H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, U.S.A.: Houghton Mifflin Company.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.