Sos del Rey Católico
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital | Sos del Rey Católico | |||
Poboación | ||||
Poboación | 583 (2023) (2,69 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 216,624807 km² | |||
Altitude | 652 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Jesús María Iso Echegoyen | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 50680 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 50248 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | sosdelreycatolico.com |
Sos del Rey Católico (en aragonés: Sos d'o Rei Catolico) é un municipio español da comarca de Cinco Villas, ao noroeste da provincia de Zaragoza, comunidade autónoma de Aragón. O municipio está composto por cinco asentamentos de poboación: Sos del Rey Católico, Barués, Campo Real, Mamillas e Sofuentes.
Historia
[editar | editar a fonte]A localización desta poboación nunha elevación do terreo rochosa converteuno durante moito tempo en praza forte. No século X foi reconquistada, e desde entón tivo grande importancia como cidade fronteiriza. En 1044 foi incorporada por Ramiro I ao Reino de Aragón.[1]
No ano 1452, en plena Guerra de Navarra, a raíña Xoana Enríquez desprazouse á vila, chamada por entón simplemente Sos. Alí deu a luz ao infante Fernando, que logo se convertería en Fernando o Católico. Ese nacemento engadiu o sobrenome del Rey Católico ao nome da poboación.[1] En 1711 foi nomeada Capital das Cinco Villas.[1]
Todo o seu centro histórico está moi ben conservado e a vila está declarada Conxunto Histórico Artístico e Ben de Interese Cultural desde o ano 1968. A excepcional conservación do seu centro urbano fai que un paseo por esta localidade se converta nunha viaxe ao pasado destacando as murallas, igrexas, a praza da vila e o Palacio de los Sada, onde naceu Fernando o Católico no ano 1452.
En Sos del Rey Católico rodouse a película La vaquilla (1985) de Luis García Berlanga, na que actuaron como extras moitos dos veciños da localidade.[2]
Política local
[editar | editar a fonte]Últimos alcaldes de Sos del Rey Católico
[editar | editar a fonte]Período | Alcalde | Partido |
---|---|---|
1979-1983 | Juan Luís Machín Garín[3] | UCD |
1983-1987 | ||
1987-1991 | ||
1991-1995 | ||
1995-1999 | ||
1999-2003 | ||
2003-2007 | ||
2007-2011 | ||
2011-2014 | Jesús María Iso Echegoyen | PP |
2014-2015 | María José Navarro Lafita[4] | PSOE |
2015-2019 |
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Partido | 2003 | 2007 | 2011 | 2015 | ||||
PSOE | 3 | 5 | 3 | 4 | ||||
CA | 2 | |||||||
PP | 1 | 1 | 3 | 1 | ||||
AISRC | 1 | |||||||
PAR | 2 | 1 | - | |||||
EU | - | |||||||
CHA | 1 | |||||||
Total | 7 | 7 | 7 | 7 |
Lugares de Interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Esteban: A igrexa de San Esteban está situada xunto ao castelo. O conxunto está formado pola igrexa en si, destinada ao culto, a cripta e o claustro, que dá acceso desde a rúa que sobe da praza da vila, á portada principal da igrexa.
- Cripta da Virxe do Perdón: s. XIV
- Castelo: Como vila fronteiriza entre os veciños reinos de Navarra e Aragón, Sos contou co seu castelo fortificado para reforzar a liña defensiva.
- Casa da vila: É un edificio, de estilo renacentista, que foi construído polo concello a finais do século XVI, reformado durante o século XIX, e restaurado para a adaptación á súa actual función como sede administrativa das dependencias municipais, nos anos oitenta.
- Palacio dos Sada: Casa palacio, é un edifico de perpiaños, que data de finais do século XV. Foi a vivenda da familia nobiliaria dos Sada, e a casa onde foi acollida dona Xoana Enríquez, para dar a luz ao futuro monarca Fernando II de Aragón.
- Portas da muralla: Consérvanse sete portais da muralla, que dan acceso ao recinto intramuros.
- Santuario de Valentuñana: Construído polos Carmelitas Descalzos, a finais do século XVII, o Convento de Nosa Señora de Valentuñana.
- A xudaría: Chamada hoxe en día "barrio alto". Estivo en orixe formada por unhas trinta casas ó redor dunha rúa principal desde a que se podía acceder ao centro da vila e desde a cal xorden diversos canellóns sen saída.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Alberto, Rosa e Javier. "Sos del Rey Católico".
- ↑ Javier Ortega (18 de febreiro de 1985). "Berlanga estrena en Zaragoza su película 'La vaquilla'". El País. Consultado o 9 de novembro de 2008.
- ↑ Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (Goberno de España). "Treinta aniversario de las primeras elecciones municipales de la democracia". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ "Alcaldes de todos los municipios de la provincia de Zaragoza". Heraldo.es. 14 de xuño de 2015.
- ↑ Goberno de Aragón (2012). "Archivo Electoral de Aragón". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 13 de agosto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sos del Rey Católico |